(S8) Mostra de Cinema Periférico 2023: Estrañamentos da mirada

Transitions, de Barbara Sternberg (1982) A (S8) Mostra de Cinema Periférico celebrou este ano a súa décimo cuarta edición, convidándonos unha vez máis a afastarnos do centro cara ás marxes do cinema. Alí, o xesto cinematográfico dáse case en soidade, á marxe de grandes estruturas, e cobra por iso unha liberdade maior. A periferia devén espazo de xogo, rexistro, experimentación, cunha gran variedade de propostas que, desde ópticas moi distintas, empuxan cara a un... Ler máis

Intersección 2022: Super 8, formato doméstico

Nun dos focos organizados durante a última edición do festival Intersección, o fotógrafo Daniel Blaufuks presentou dous traballos en Super 8, formato doméstico por excelencia dos anos 70 e 80. Family Films (2022) semella o material en bruto dunha película amateur que rexistra tempo de lecer ou unha viaxe. A meta: a praia, unha praia atlántica. O son do proxector evócame o momento no que a familia sentaba a ver o que filmaran. Blaufuks, de man (non notamos a edición de... Ler máis

(S8) Mostra de Cinema Periférico 2022: Xogos, percorridos e pestanexos

Un ano máis, a cidade da Coruña acolleu unha das mostras de cinema experimental máis valoradas de España. Dividida en diferentes sedes (Porto, Fundación Luís Seoane, Domus e Sala Palexco), a (S8) Mostra de Cinema Periférico inaugurou o verán cunha gran variedade de proxeccións e actividades concibidas en torno ao cinema en analóxico e á experimentación audiovisual. Desde A Cuarta Parede facemos un repaso dalgunhas das súas seccións e retrospectivas. AMY HALPERN Unha... Ler máis

DOC LISBOA 2016 (II / III): RETRATOS E CICATRICES

Segunda parte dunha crónica que comeza aquí A pegada do pasado no presente do territorio, ou a forma na que o presente convive coa acumulación de pasados, sobre todo cando estes foron traumáticos, estaba na orixe de varios filmes presentados na competición internacional, como Ismyrne (Joana Hadjithomas & Khalil Joreige, 2016), Atlante 1783 (Maria Giovanna Cicciari, 2016), The Sea is History (Louis Henderson, 2016) ou Mata Atlântica (Nicolas Klotz & Elisabeth Perceval,... Ler máis

PLAY-DOC 2015: O ANO DO CELULOIDE DOMÉSTICO

Hai uns meses fixen un curso práctico de Super 8, máis pola nostalxia que pola súa utilidade práctica, malia que considero que o formato aínda dá moito xogo. Na miña casa nunca tivemos cámara, e sempre ollei con envexa os filmes caseiros dos demais, fascinada polas imaxes, o son do proxector e a experiencia mesma do visionado. De feito, os que me rodean non entendían moi ben a que viña isto de facer un obradoiro de Super 8 agora, que o HD está o alcance de tod@s, e... Ler máis

AVANTI POPOLO, de Michael Wahrmann

Na escuridade da noite, un vehículo viaxa sen rumbo polas rúas de São Paulo. Acompañando o desconcertante percorrido, imos escoitando un programa radiofónico no que o condutor fai un repaso por un gran número de cancións reivindicativas, das que acompañaron os diversos procesos revolucionarios xurdidos no continente latinoamericano no século pasado. Nun momento dado, un home se cruza no percorrido do vehículo, desafiando coa ollada ao condutor do mesmo, e, polo tanto,... Ler máis

INDIE LISBOA 2014: DIVERSIDADE E COHERENCIA

Lograr que máis de 200 títulos da tempada cinematográfica en curso dialoguen entre si é algo ben complicado, por non dicir imposible. Se cadra conscientes de que, ante tal magnitude, non se pode asir unha única idea ou trazar un fío condutor, os programadores da undécima edición do Indie Lisboa optaron pola diversidade. Un criterio que congregou no festival un amplo abano de tendencias, nas que se intúe un espírito común: o risco. É na exploración de novas linguaxes... Ler máis

“MÁIS QUE UN CINEASTA, SON UN CAMARÓGRAFO E UN OPERADOR DE PROXECCIÓN”

A (S8) Mostra de Cinema Periférico permitiunos este ano descubrir a figura de Claudio Caldini (Bos Aires, 1952), unha das principais voces do cinema experimental arxentino, reivindicado non fai moito no seu país e, de alí, ao mundo. O que máis impactou nestas sesións foi quizais a capacidade do artista para dotar de múltiples lecturas as súas películas, proxectándoas en ocasións en forma de tríptico ou superpostas. Unha experiencia sensorial que deixou a moitos “mesmerizados”. Da... Ler máis