PLAY-DOC 2015: O ANO DO CELULOIDE DOMÉSTICO

Hai uns meses fixen un curso práctico de Super 8, máis pola nostalxia que pola súa utilidade práctica, malia que considero que o formato aínda dá moito xogo. Na miña casa nunca tivemos cámara, e sempre ollei con envexa os filmes caseiros dos demais, fascinada polas imaxes, o son do proxector e a experiencia mesma do visionado. De feito, os que me rodean non entendían moi ben a que viña isto de facer un obradoiro de Super 8 agora, que o HD está o alcance de tod@s, e... Ler máis

GUIMARÃES 2012: UNHA AVENTURA AMBICIOSA

Ler a versão original deste texto em português 2012 —para moitos un novo ‘ano cero do cinema portugués’— ficou marcado sobre todo pola suspensión dos apoios públicos do ICA —o Instituto de Cinema e Audiovisual á produción, distribución e exhibición ao cinema portugués. Neste contexto, o programa de produción da Guimarães 2012 Capital Europea da Cultura tivo unha importancia crucial para compensar o período de austeridade e de recortes que se abateu... Ler máis

CURTAS VILA DO CONDE 2014: REGATES

Debido á extensión da crónica, publicarase en dúas partes para facilitar a súa lectura. Esta primeira, sobre a ficción e o documental, e a segunda centrada en propostas máis experimentais. Non sabemos se por influencia do mundial de fútbol, o último Curtas Vila do Conde estivo dedicado ao deporte rei en Europa. O certame pareceuse este ano moito á competición estival. Xogando ao regate co espectador, había sesións que se resolvían nos penaltis, nun tira e afrouxa... Ler máis

CINEMA PORTUGUÉS EN 19º CURTAS VILA DO CONDE, COLLEITA 2011

Pedro Costa, coa curta O Nosso Homem, foi o vencedor da competición portuguesa e o grande destaque da 19ª edición do Curtas Vila do Conde. Tal como se prevía, o consagrado cineasta portugués venceu de forma natural o concurso nacional e até ofuscou os vencedores da competición internacional, tradicionalmente máis mediática. Volvendo ao territorio de Costa, a curta premiada recupera materiais de Tarrafal (2007) e A caça ao coelho com pau (2007), dúas curtas que se relacionaban... Ler máis