CANNES DÍA 3: FILLOS DE QUITA E PON

Abriuse a Semana da Crítica con Victoria (Justine Triet, 2016) e Albüm (Mehmet Can Mertoglu, 2016) e resulta curioso comprobar coma estes filmes dialogan, dende aproximacións estéticas moi distintas, con Rester vertical (Alain Guiraudie, 2016) na sección oficial, no que se refire no trato aos fillos. Xa comentamos aquí que o filme do francés vai de mentireiros profesionais que, entre outras cousas, non son quen de facerse cargo da súa paternidade con responsabilidade.... Ler máis

CANNES 2016: EN BUSCA DA SORPRESA ENTRE COÑECIDOS

Non é que o festival de Cannes se caracterizase nos últimos anos, polo menos na súa sección oficial, polo descubrimento de novos nomes, de grandes autores que estean a redefinir a linguaxe cinematográfica. Os irmáns Dardenne, Ken Loach ou Pedro Almodóvar desta edición podiamos atopalos hai xa un par de décadas, e seguirán a estar ata que deixen de facer cinema. Asistir ao anuncio da sección oficial cada ano supón o comentario dunha crónica anunciada. Unha que, na... Ler máis

CURTAS VILA DO CONDE 2014: REGATES

Debido á extensión da crónica, publicarase en dúas partes para facilitar a súa lectura. Esta primeira, sobre a ficción e o documental, e a segunda centrada en propostas máis experimentais. Non sabemos se por influencia do mundial de fútbol, o último Curtas Vila do Conde estivo dedicado ao deporte rei en Europa. O certame pareceuse este ano moito á competición estival. Xogando ao regate co espectador, había sesións que se resolvían nos penaltis, nun tira e afrouxa... Ler máis