CANNES DÍA 3: FILLOS DE QUITA E PON
Abriuse a Semana da Crítica con Victoria (Justine Triet, 2016) e Albüm (Mehmet Can Mertoglu, 2016) e resulta curioso comprobar coma estes filmes dialogan, dende aproximacións estéticas moi distintas, con Rester vertical (Alain Guiraudie, 2016) na sección oficial, no que se refire no trato aos fillos. Xa comentamos aquí que o filme do francés vai de mentireiros profesionais que, entre outras cousas, non son quen de facerse cargo da súa paternidade con responsabilidade.... Ler máis
CANNES 2016: EN BUSCA DA SORPRESA ENTRE COÑECIDOS
Non é que o festival de Cannes se caracterizase nos últimos anos, polo menos na súa sección oficial, polo descubrimento de novos nomes, de grandes autores que estean a redefinir a linguaxe cinematográfica. Os irmáns Dardenne, Ken Loach ou Pedro Almodóvar desta edición podiamos atopalos hai xa un par de décadas, e seguirán a estar ata que deixen de facer cinema. Asistir ao anuncio da sección oficial cada ano supón o comentario dunha crónica anunciada. Unha que, na... Ler máis