Curtocircuíto 2022: Planeta GZ

Proxecto X (Sol Mussa, 2022) Santiago de Compostela volveu celebrar, como cada outono, a súa cita anual co cinema independente e de vangarda. O Festival Curtocircuíto regresou aos teatros da capital con numerosas actividades relacionadas co audiovisual que non só se limita ao formato monocanal proxectable, senón que inclúe na súa programación mostras performativas como a danza ou o live-cinema, un variado cartel de artistas musicais e DJ sets, ademais de encontros, mesas... Ler máis

(S8) Mostra de Cinema Periférico 2022: Xogos, percorridos e pestanexos

Un ano máis, a cidade da Coruña acolleu unha das mostras de cinema experimental máis valoradas de España. Dividida en diferentes sedes (Porto, Fundación Luís Seoane, Domus e Sala Palexco), a (S8) Mostra de Cinema Periférico inaugurou o verán cunha gran variedade de proxeccións e actividades concibidas en torno ao cinema en analóxico e á experimentación audiovisual. Desde A Cuarta Parede facemos un repaso dalgunhas das súas seccións e retrospectivas. AMY HALPERN Unha... Ler máis

SOL MUSSA: “FACER CINE É COMA PINTAR UN CADRO”

Nas súas dez edicións, a (S8) Mostra de Cinema Periférico de A Coruña apostou sempre de forma clara polo cinema experimental feito en Galicia. Sinais en curto ten sido o lugar de cita de autores xa consagrados, como Alberte Pagán, ou novas voces, como Lara e Noa Castro. Por isto, non é casualidade que nesta edición apareza o cinema de Sol Mussa (Vigo, 1996), unha xove directora con formación en Belas Artes, cunha potencia visual e narrativa envexable. Falamos con ela... Ler máis

14ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO: TESTEMUÑAS DO SEU

Fotografía: Denís Estévez Esta edición da MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico), organizada polo Museo do Pobo Galego, ten unha vez máis unha grella digna de aplauso na Sección Oficial ao traernos máis películas – este ano son 16 as seleccionadas – e, como non, máis ganas de espertar conciencia. Se algo é necesario nestes tempos de adormecemento é axitar mentes; desde logo, o cine ten unha forte vocación para iso e dáme a impresión de que... Ler máis