COURTISANE 2015: VIAXE POR PAÍSES PEQUENOS (SON MÁS DOADOS DE VISITAR)

Bélxica é un país pequeno. Trátase dun país estraño, un estado tapón, dividido en dous, e mesmo en tres partes. Hai quen di que mesmo en catro. Bélxica foi unha estratexia xeopolítica creada co fin de parar os pés a Francia, separala dos Países Baixos e tamén de Alemaña. Ou viceversa. O resultado foi a creación dun Estado con catro comunidades lingüísticas: unha... Ler máis

Temos que falar de Uwe

O director alemán Uwe Boll é probabelmente un dos directores cun maior número de haters a nivel internacional, entroutros mesteres porque ten a dubidosa honra de ser o realizador que máis adaptacións cinematográficas de videoxogos realizou (un total de 12 até a data), todas elas cunha calidade máis que dubidosa. Obxecto das iras dos fans dos videoxogos, protagonista de... Ler máis

Procesos #23 – Hugo Amoedo

“O único que vale é a acción” Hugo Amoedo (Redondela, 1987) semella non terlle medo a nada, agás a ficar quieto. É graduado en Xornalismo pola Complutense, pero tivo só un tímido contacto co mundo das redaccións. En 2010 marchou vivir aos Países Baixos e poderíase dicir que comezou a facer cine por amor, froito da súa relación coa estremeña María Pérez. Dende... Ler máis

CINEMATOGRAFÍAS LATINOAMERICANAS EN TOLOSA

Os 27es Rencontres de Toulouse é o espazo cinematográfico, amplificado, interdisciplinario, participativo, aberto, festivo e comunitario, consagrado ás cinematografías e culturas latinoamericanas, no que se presentaron, entre o 19 e o 29 de marzo, decenas de filmes en competición, panorama e mostra, dentro das categorías ficción, documental, longametraxe e curtametraxe. Estes... Ler máis

‘EL CINE QUE ME IMPORTA’, de Javier Tolentino

Javier Tolentino con Neus Ballús e Lluís Miñarro, na gravación dun programa no marco de Curtocircuíto. FOTO: Tamara de la Fuente Quen agarde un libro de análise crítica, non o vai atopar en El cine que me importa. Menos aínda unha antoloxía do mellor da historia do cinema por Javier Tolentino. O volume do presentador de El séptimo vicio de Radio 3 é un ensaio apaixonado... Ler máis

INHERENT LEBOWSKI

Chego a casa, medio bébedo, medio canso, e aínda así sinto a necesidade de adicarche unhas palabras. Sen saber a que conclusión chegar, déixome guiar por unha escritura automática na que só a realidade saía a relocer, faltas ortográficas incluídas. Sobre o papel a caligrafía xoga coa borracheira mentres describo os teus peitos preciosos, curvos e firmes. Como intentando... Ler máis

O TRABALLO DIXITAL DE JAMES BENNING

Ruhr (James Benning, 2009) En The Virtual Life of Filme (2007), D.N. Rodowick puña en dúbida que o cinema dixital puidese realmente expresar ou transmitir duración do mesmo xeito que o cinema analóxico, xa que co dixital desaparece a indexicalidade da imaxe que foi garantía non só de realismo, senón do tempo no cinema. Tendo isto en conta, nun cineasta tan temporal como James... Ler máis

JOURNEY E O DIÁLOGO ENTRE OS VIDEOXOGOS E O CINEMA

A xente viaxa e asómbrase ante a altura das montañas, ante as enormes ondas do mar, ante os longos cursos dos ríos, ante os vastos límites do océano, ante o movemento circular das estrelas, e pasan por diante de si mesmos sen sorprenderse. San Agustín de Hipona ‘The Stanley Parable’, un dos xogos máis representativos da nova narración emerxente. A débeda dunha... Ler máis

AMAR, BEBER E CANTAR: O CINEMA EPICÚREO DE OTAR IOSSELIANI

Un dos motivos polos que coñecemos a obra de Otar Iosseliani ao sur dos Pirineos é grazas á súa conexión basca: o Donostia Zinemaldia adicoulle unha primeira retrospectiva aló polo 2001, e agora, hai pouco máis dun mes, o último Punto de Vista programou media ducia dos seus filmes, entre os que se atopaba a mediometraxe televisiva Euskadi été 1982, da que xa falamos nunha... Ler máis

A NARRATIVA EMERXENTE NOS VIDEOXOGOS DO SÉCULO XXI. VIAXANDO ATÉ O INFINITO E MÁIS ALÁ

As sondas avanzaron cara a nada: liñas diverxentes partindo en múltiples direccións cara ao descoñecido. Cada certo tempo, un planeta xérase ao paso dun dos bots, e este manda os datos aos seus creadores. Un sistema solar márcase pouco despois no mapa estelar. Dende a superficie dun deses novos mundos vemos como o ceo alaranxado cobre baixo o seu manto a rica orografía.... Ler máis