A NARRATIVA EMERXENTE NOS VIDEOXOGOS DO SÉCULO XXI. VIAXANDO ATÉ O INFINITO E MÁIS ALÁ

As sondas avanzaron cara a nada: liñas diverxentes partindo en múltiples direccións cara ao descoñecido. Cada certo tempo, un planeta xérase ao paso dun dos bots, e este manda os datos aos seus creadores. Un sistema solar márcase pouco despois no mapa estelar. Dende a superficie dun deses novos mundos vemos como o ceo alaranxado cobre baixo o seu manto a rica orografía. Enormes bestas móvense con lentitude ao calor dunha nova estrela. No Man’s Sky (Sean Murray &... Ler máis