O TRABALLO DIXITAL DE JAMES BENNING

Ruhr (James Benning, 2009) En The Virtual Life of Filme (2007), D.N. Rodowick puña en dúbida que o cinema dixital puidese realmente expresar ou transmitir duración do mesmo xeito que o cinema analóxico, xa que co dixital desaparece a indexicalidade da imaxe que foi garantía non só de realismo, senón do tempo no cinema. Tendo isto en conta, nun cineasta tan temporal como James Benning, que levaba toda a súa carreira traballando cunha Bólex 16mm, que supuxo o salto do analóxico... Ler máis

FREE RADICALS: RESEÑA CORRESPONDENCIA(S)

Queridos Víctor e Eloy: Primeiro de todo, presento as miñas escusas. Envío con moita demora –encargada hai meses- esta recensión da edición en DVD das Correspondencia(s). Como xa sabedes, foi editada no ultimo outono por Intermedio, o selo videográfico barcelonés de culto, unha empresa cultural de (merecido) prestixio, consecuencia da laboriosidade na selección do seu catálogo, na confección da edición mesma, do mimo e coidado establecidos en todo o proceso. E un... Ler máis

ENTREVISTA A NATHANIEL DORSKY

“O CINEMA É LUZ, E CANDO SAIO FILMAR, VOU Á PROCURA DELA” Nathaniel Dorsky, un dos grandes nomes do cinema de vangarda norteamericano, presentou as súas películas, por primeira vez en España, no CGAI, no marco do (S8) Mostra de Cinema Periférico, e na Casa Encendida o pasado mes de xuño. Interesado na noción do cinema como liturxia, e cunha extensa obra de poéticos filmes silentes, mostrouse ante os espectadores como un autor que vive en comuñón co celuloide,... Ler máis