Procesos #8 – Low Life, prima della rivoluzione

 Non é habitual nesta sección explicar a proposta (isto é, falar das pegadas autorais de cada realizador/a a partires dun xogo en vídeo coas súas formas), pois entendemos que o lector saberá decodificar o exercicio. Porén, este é un caso especial, ao tratarse da primeira vez que contamos cun tándem artístico, que ademais non é galego. Non hai a entrevista habitual,... Ler máis

MICHEL GAZTAMBIDE: “O XÉNERO É UNHA LUPA PARA LER A LETRA PEQUENA DA VIDA”

O pasado outubro, Michel Gaztambide impartiu con enorme éxito de asistencia unha clase maxistral de guión de cinema negro, organizada pola Asociación Galega de Guionistas (AGAG), na Fundación Novacaixagalicia de Santiago de Compostela. Con máis de vinte anos no oficio, un dos seus primeiros traballos foi con Julio Medem en Vacas, e dende entón participou en multitude de películas,... Ler máis

SHAME, de Steve McQueen

A ELIPSE COMO ESTILO DE VIDA O progreso, a grandes rasgos, encargouse de acurtar os procesos, de automatizar os tránsitos. A produtividade, o tanxible e o constatable forman un imperio de recompensas rápidas que desvirtúan o esforzo para ir facéndolle oco nos museos. Basta volver a The Turin Horse, ao cinema de Tarr, para entender a fisicidade do que digo e revisar os automatismos... Ler máis

O MELLOR DE 2011

A redacción d’A Cuarta Parede elixiu as mellores películas do ano cos votos de todos os colaboradores. Salvo que se indique o contrario, as listaxes conteñen dez filmes, aos que se lle atribuíu unha puntuación de 10 a 1, outorgando o valor máis alto á mellor valorada e así sucesivamente. Estes son os resultados: El árbol de la vida, de Terrence Malick: 53 puntos El... Ler máis

CORPO E ALMA: O CANON (EN CONSTRUCIÓN) DE DAVID CRONENBERG

  Hai case unha década que calquera comentario sobre o cinema de David Cronenberg bate sempre na mesma cuestión: eran mellores os seus filmes ‘sucios’ sobre a ‘Nova Carne’ ou, pola contra, os seus filmes ‘limpos’ sobre personalidades escindidas van alén dos primeiros? Ao tratarse dun artista en activo, o seu canon aínda está en construción: a cinefilia que... Ler máis

DESENGUEDELLANDO O FELLINIANO

O CGAI dedicará durante as vindeiras semanas unha retrospectiva completa da obra de Federico Fellini, que comeza esta mesma tarde coa proxección de I vitelloni (1953). Así, con motivo de (e como complemento a) este ciclo, organizado en colaboración con Donostia Kultura, a Filmoteca de Valencia e a Filmoteca de Navarra, analizamos neste artigo o monográfico que dedica a Colección... Ler máis

PEDRO ALMODÓVAR: MESTIZAXE E DECONSTRUCIÓN

Acumulación e depuración. Eclecticismo e heterodoxia. Disolución de discursos e sistemas de representación hexemónicos. Traballo sobre o espazo e as formas. Camp, kitsch, pop, punk,… A historia non ten aforradas verbas para Pedro Almodóvar (Calzada de Calatrava, Ciudad Real, 1949). A súa intensa actividade (fotonovelas, dúo musical con McNamara, teatro en Los Goliardos,... Ler máis

MARÍA RUIDO, UNHA OVERLOQUISTA

 Coa entrevista aos seus pais coma epicentro, A memoria interior (2002) abeiraba un seísmo subxectivo, constituínte á vez do biotopo audiovisual de María Ruido (Pidre, Ourense, 1967). Era aí –onde a biografía parte– o tremor dun retroco: a memoria do traballo, o traballo da memoria. Aínda o é, non deixou de selo nunca; ao longo de dez anos, tirada agora ElectroClass... Ler máis

DE GRANDS ÉVÉNEMENTS ET DES GENS ORDINARIES (1979), de Raúl Ruiz

TÓDOLOS BARRIOS, TÓDOLOS FILMES, TÓDOLOS TEMAS “Veremos que o documental, como un espello, está conectado con todos os documentais, trata de todos os temas”, afírmase nun determinado momento da película, evocando inmediatamente ao Aleph ou a outras figuras literarias. Tiven a oportunidade de ver De grands événements et de gens ordinaires (1979) nun ciclo programado... Ler máis

PINA, de Wim Wenders

IMAXES NOVAS As imaxes de Pina, último traballo do cineasta Wim Wenders estreado o pasado ano 2011, teñen algo de novas. Malia que o filme concibiuse inicialmente coma un documental sobre Pina Bausch, bailarina e coreógrafa, figura indiscutible da danza contemporánea e directora do Tanztheater Wuppertal, logo da súa morte repentina unha vez comezado o proxecto, e grazas en... Ler máis