MATER AMATÍSIMA OU AS MODERNAS MEDEAS
Esta peza foi elaborada no Seminario de Crítica Experimental do (S8) Mostra de Cinema Periférico Nunha sorte de conmemoración dos seus 20 anos de carreira como cineasta nos que deu a luz outros tantos proxectos audiovisuais, María Ruido tráenos unha reflexión sobre a maternidade. Unha reflexión feminista que pon sobre a mesa a figura da mala nai, desa nai que se permite non querer ser nai e desa nai que se arrepinte delo, e como esta aceptación da maternidade fóra dos... Ler máis
HORS SATAN (2011) de Bruno Dumont
ROSTRO, PAISAXE E MILAGRE Rostro Hors Satan ten unha vinculación evidente con Ordet (1960) de Carl Theodor Dreyer, Teorema (1968) de Pier Paolo Pasolini ou Nostalghia (1983) de Andréi Tarkovski. Case nada. Obras de milagres, profetas e fe. No último filme de Dumont atopamos esas tres cousas. Centrado nun enigmático personaxe, que o cineasta galo retrata coma se fose un novo Zaratrusta; un ermitaño que vive en plena natureza de Pais de Calais á beira do Canal d’A mancha... Ler máis
MARÍA RUIDO, UNHA OVERLOQUISTA
Coa entrevista aos seus pais coma epicentro, A memoria interior (2002) abeiraba un seísmo subxectivo, constituínte á vez do biotopo audiovisual de María Ruido (Pidre, Ourense, 1967). Era aí –onde a biografía parte– o tremor dun retroco: a memoria do traballo, o traballo da memoria. Aínda o é, non deixou de selo nunca; ao longo de dez anos, tirada agora ElectroClass do soto de Euskal Telebista (ETB), sucesivas viaxes videográficas teñen repetido –e polo tanto... Ler máis
BERTRAND BONELLO: O CINEASTA NA CORDA FROUXA
No cinema de autor francés contemporáneo poden percibirse con forza dúas correntes predominantes; por unha banda está a da beleza (herdeiros de segunda e terceira xeración da Nouvelle Vague, coma Philippe Garrel ou Mia Hansen-Løve) e por outro a da fealdade (os ‘enfants terribles’ do movemento coñecido como New French Extremely). Evidentemente, como sucede con todos os conceptos opostos, estas dúas formas de entender o cinema relaciónanse e compleméntanse... Ler máis
APUNTAMENTOS SOBRE ADOLESCENCIA E SEXUALIDADE NO CINEMA
O verdadeiro obxecto da educación, coma o de calquera disciplina moral, é procrear a felicidade. William Goldwing Basta unha ollada ao revelador libro Shere Hite responde a las cartas de los jóvenes sobre el sexo para comprobar que as dúbidas, preocupacións e intereses dos adolescentes respecto da sexualidade van moito máis alá das reiteradas cuestións sobre a primeira vez, o embarazo ou as enfermidades de transmisión sexual. Algunhas das cuestións que os mozos expoñen... Ler máis
ESTÁ DEUS CONVIDADO Ó APOCALIPSE?
“Cando todos desaparezamos non quedará ninguén aquí mais que a morte e os seus días tamén estarán contados. No medio da estrada, sen nada que facer e ninguén a quen facerllo. E dirá: Onde foron todos?” (1) Cormac McCarhty The Road DIVAGACIÓNS HUMANAS E DIVINAS NO OCASO DO MUNDO Vendo as diversas vertentes do cinema occidental apocalíptico programadas no recente Festival de Sitges, un podería pensar que Deus xa non ten vela no enterro do xénero humano. En efecto,... Ler máis
IMAXES DE PROTESTA, PROTESTA DAS IMAXES
OPINIÓN PÚBLICA E CINEMA DOCUMENTARIO · O maior éxito das mobilizacións cidadás dos últimos meses está sendo devolver o debate político ás prazas de todo o estado, recuperando o espazo público tanto no plano físico coma no conceptual: á ocupación do territorio seguiulle a invasión do espazo mediático por discusos alternativos ao oficial, demostrando co discurso político e o sermón dos tertulianos rara vez casa coa opinión real da sociedade. Nesta caste de loitas... Ler máis
PASOLINI, A CIRURXÍA DA SÚA PROPIA VIDA
Pier Paolo Pasolini (Bolonia, 1922 – Ostia, 1975) está considerado como un pioneiro á hora de empregar a linguaxe cinematográfica para desenvolver obras de pensamento e non de ficción. Nos seus appunti, filmes que reflexionan sobre como facer un filme, o director italiano móvese, coa súa cámara, no terreo do ensaio. Porén, esa fonda introspección sobre o seu propio traballo, coma a dun cirurxián que estuda a un paciente, é anterior aos Appunti per un film sull’India,... Ler máis