Curtas Vila do Conde 2023: Outros camiños

Terra Mater, de Kantarama Gahigiri (2023) Formas dun cine militante Atopamos, na competición internacional do Curtas Vila do Conde 2023, varias películas que se sitúan nas marxes da ficción para abordar de forma directa unha serie de temas de carácter político. A súa afinidade non xorde tanto desas formas híbridas ou imprecisas, senón dun espírito militante que explora activamente maneiras de concretarse na materia cinematográfica. Entre elas está Fala da terra (Benjamin... Ler máis

A FÁBRICA DE NADA, de Pedro Pinho

Sabemos o que non queremos: nin demagoxia, nin desposesión. Non queremos un capital que esvaeza de súpeto deixando un ronsel de traballadores desempregados e fábricas abandonadas, nin que nolo conten unha e outra vez do mesmo xeito, coa mesma mecánica oxidada. Os camaradas da produtora Terratreme son os primeiros que non queren filmes resesos. Teñen unha historia: unha fábrica autoxestionada que sobreviviu á fuga dos seus patróns, nos tempos da Revolución dos Cravos.... Ler máis

REIVINDICANDO A ANTONIO MAENZA, O CINEASTA, NON O MALDITO

Intentaremos non repetir todo o xa dito sobre Maenza ao longo deste texto, é dicir, intentar fuxir de todos os clixés xa consabidos e preexistentes que existen sobre a figura do cineasta turolense. Aínda que por desgraza descoñecido para a maioría do público, tanto xeralista como máis especializado, sen lugar a dúbidas o adxectivo que acompaña o nome de Antonio Maenza é o de maldito. Ese “malditismo maenziano” é o que, dun modo casi marxista, imos intentar erradicar... Ler máis

PATRICIO GUZMÁN. CRÓNICA DUNHA VIAXE

Hai acontecementos na historia do home que marcan e definen con lume o presente e futuro das nacións. Momentos de quebranto nas relacións políticas e sociais que conxelan a vida dos seus cidadáns e mantéñenos inmóviles nese tempo e lugar como memoria paralizadora. Hai homes, tamén, coa perseverancia e obstinación, coa ética e a responsabilidade necesarias como para transformar esos fitos históricos en loita, arte e memoria. Ese é o caso de Patricio Guzmán e da súa... Ler máis

‘NÓS POR CÁ…’ AS CAUSAS DO DESENCANTO DO POBO (E DO CINEMA) PORTUGUÉS

Ler a versión orixinal en portugués deste artigo. Este texto pretende discutir e reflexionar sobre o filme As Mil e Uma Noites (Miguel Gomes, 2015) nunha caste de diálogo coa historia cultural portuguesa e tamén coa historia e a situación actual do cinema portugués. Para unha breve arqueoloxía da idea da crise en Portugal A idea da crise é unha presenza recorrente na historia portuguesa: a propia fundación do país naceu dunha crise familiar protagonizada polo infante... Ler máis

COMBATES MARXINAIS E COMBATES MARXINADOS (Parte I)

AS TRINCHEIRAS DO CINEMA MILITANTE ESPAÑOL DOS ANOS SETENTA · O presente artigo é a primeira entrega dun dossier na que exporemos unha panorámica do cinema militante español da década de 1970. Neste primeiro texto, contextualizaremos a aparición deste cinema combativo e clandestino a finais da década de 1960, paralelamente ao xurdimento dunha práctica cinematográfica marxinal antifranquista. Esta heteroxénea fronte antirréxime englobaba un variado mosaico fílmico,... Ler máis

FRANCESCO ROSI, POETA DA VALENTÍA CÍVICA

APUNTAMENTOS SOBRE ‘LE MANI SULLA CITTÁ’, PEDRA ANGULAR DO CINEMA DE COMPROMISO ITALIANO ·  “A verdade non é sempre revolucionaria” A frase, como se dun epitafio se tratase, pecha Cadaveri eccellenti (1976), un dos filmes máis esixintes do napolitano Francesco Rosi, que utiliza neste caso o xénero policiaco para denunciar os maquiavélicos mecanismos do poder político e xudicial. É a conveniente resposta dun compañeiro do partido comunista a outro,... Ler máis

IMAXES DE PROTESTA, PROTESTA DAS IMAXES

OPINIÓN PÚBLICA E CINEMA DOCUMENTARIO · O maior éxito das mobilizacións cidadás dos últimos meses está sendo devolver o debate político ás prazas de todo o estado, recuperando o espazo público tanto no plano físico coma no conceptual: á ocupación do territorio seguiulle a invasión do espazo mediático por discusos alternativos ao oficial, demostrando co discurso político e o sermón dos tertulianos rara vez casa coa opinión real da sociedade. Nesta caste de loitas... Ler máis