OSCURO Y LUCIENTES, de Samuel Alarcón
“O pasado queda sempre enterrado na memoria, por iso removemos a terra en busca das súas reliquias”. Estas palabras, que acompañan a unha serie de fotografías antigas do que parece un xacemento arqueolóxico, abren a segunda longametraxe de Samuel Alarcón despois de La ciudad de los signos (2009). A voz firme de Féodor Atkine finaliza a breve reflexión dirixindo o seu discurso ao pintor Francisco de Goya, diante de cuxo busto no Parque de San Isidro vemos reunido un... Ler máis
EL AMOR Y LA MUERTE, de Arantxa Aguirre
Non é demasiado usual que no cinema feito en España se mire cara a grandes figuras culturais e aínda menos cara ao seu eco na práctica artística actual. Con todo, Arantxa Aguirre fixo desta constante a razón de ser da súa carreira. Do ballet ao teatro, ou agora á composición musical, a directora que cultivou un notable éxito con Dancing Beethoven (2016) leva máis dunha década dotando de entidade ao documental sobre arte, así como progresando co paso dos anos cara... Ler máis
CARLA SIMÓN: “A MIÑA NECESIDADE DE FACER CINE XURDIU DAS HISTORIAS TAN INTENSAS DA MIÑA FAMILIA”
Estiu 1993, ópera prima da catalá Carla Simón, estreouse a pasada Berlinale sen moito ruído, na sección Generation, destinada ás películas con temática infantil ou xuvenil, e en principio dirixidas a ese público. Revelouse para todos os que puidemos asistir ao primeiro pase, como outras en seccións paralelas, dunha relevancia que a destinaba ao xuízo destes primeiros espectadores a un espazo de máis visibilidade. Ao final a xogada saíulle ben á equipa. O filme sae... Ler máis
COMBATES MARXINAIS E COMBATES MARXINADOS (Parte I)
AS TRINCHEIRAS DO CINEMA MILITANTE ESPAÑOL DOS ANOS SETENTA · O presente artigo é a primeira entrega dun dossier na que exporemos unha panorámica do cinema militante español da década de 1970. Neste primeiro texto, contextualizaremos a aparición deste cinema combativo e clandestino a finais da década de 1960, paralelamente ao xurdimento dunha práctica cinematográfica marxinal antifranquista. Esta heteroxénea fronte antirréxime englobaba un variado mosaico fílmico,... Ler máis
A LIBERDADE DE CHAMAR ÁS COUSAS POLO SEU NOME
Do mesmo xeito que Umberto Eco ofrecía en 1977 unha didáctica e esclarecedora disertación de Como se fai unha tese1, o investigador Manuel Trenzado Romero ofrece unha modélica disertación de como abranguer unha colosal investigación socio-cinematográfica na súa obra Cultura de masas y cambio político: El cine español de la transición, publicada polo CIS en 1999. Este exhaustivo estudo é unha referencia bibliográfica magnífica para indagar naquel transcendental intervalo... Ler máis