EN BRANCO E NEGRO

Unha das vantaxes de traballares como programador é que che dá unha perspectiva sobre o presente cinematográfico distinta (e complementaria) á que terías como público ou crítico, posto que te empurra a deixar de centrarte na película como unidade de estudo para ollar o conxunto, observar as tendencias que subxacen na carteleira e así tratar de confeccionar ciclos a partir delas. Dese xeito, ao buscar nexos de unión potenciais entre as estreas máis interesantes da... Ler máis

Procesos #18 – Jonás Trueba

 Jonás Trueba (Madrid, 1981) é un dos directores máis renovadores do panorama español actual. Logo de debutar en 2010 na longametraxe con Todas las canciones hablan de mí, unha película xeracional sobre a dificultade de manter viva unha longa relación de parella, volveu este ano á carga con Los ilusos. Un filme moito máis libre, sen guión tradicional, que mestura actores profesionais con outros amateur, no ambiente do Madrid cinéfilo no que el se move día a día.... Ler máis

A LIBERDADE DE CHAMAR ÁS COUSAS POLO SEU NOME

Do mesmo xeito que Umberto Eco ofrecía en 1977 unha didáctica e esclarecedora disertación de Como se fai unha tese1, o investigador Manuel Trenzado Romero ofrece unha modélica disertación de como abranguer unha colosal investigación socio-cinematográfica na súa obra Cultura de masas y cambio político: El cine español de la transición, publicada polo CIS en 1999. Este exhaustivo estudo é unha referencia bibliográfica magnífica para indagar naquel transcendental intervalo... Ler máis