EL AMOR Y LA MUERTE, de Arantxa Aguirre

Non é demasiado usual que no cinema feito en España se mire cara a grandes figuras culturais e aínda menos cara ao seu eco na práctica artística actual. Con todo, Arantxa Aguirre fixo desta constante a razón de ser da súa carreira. Do ballet ao teatro, ou agora á composición musical, a directora que cultivou un notable éxito con Dancing Beethoven (2016) leva máis dunha década dotando de entidade ao documental sobre arte, así como progresando co paso dos anos cara... Ler máis

CANNES DÍA 7: PEDRO ALMODÓVAR A POLA PALMA

  Adoitamos dicir que Cannes maltrata o cinema español. Está mellorando ou é que a equipa de Thierry Fremaux tomou conciencia deste detalle? Cinco son os filmes españois que se presentan este ano na Croisette. A curta Decorado (Alberto Vázquez, 2016) na Quincena dos Realizadores, Mimosas (Oliver Laxe, 2016) na Semana da Crítica e Timecode (Juanjo Giménez, 2016), Julieta (Pedro Almodóvar, 2016) e La mort de Louis XIV (Albert Serra, 2016) – esta última fóra... Ler máis