THE HUMAN VOICE, de Pedro Almodóvar
Vin formigón e plástico e moito vermello, moito vermello. E presenciei a dor, a desesperación, a rabia, o odio, o amor, a resignación e o esforzo por quererse a unha mesma outra vez e empezar de novo e saír adiante. E sorrín, e púxoseme o corazón brando e atopei o cine, o cine alí dentro metido. E admirei cada plano, e quixen poder parala e volver vela e poñela amodo e poder ver todo outra vez, mil veces. Porque todo é especial e fermoso, e del, e dela, á súa maneira,... Ler máis
DOLOR Y GLORIA, de Pedro Almodóvar
Conta o debuxante Lewis Trondheim no seu ensaio gráfico Désœuvré (2005), producido en pleno bloqueo por unha crise da mediana idade, o pánico que lle transmite a idea de ter tocado teito creativamente, e que a partir de entón só lle quede estancarse, repetirse e esmorecer. Dedica un bo treito da obra a reparar no exemplo dos seus grandes ídolos do medio, e en case todos atopa un momento a partir do cal empezan a “envellecer mal”. Esa curva da decadencia que describe... Ler máis
OSCURO Y LUCIENTES, de Samuel Alarcón
“O pasado queda sempre enterrado na memoria, por iso removemos a terra en busca das súas reliquias”. Estas palabras, que acompañan a unha serie de fotografías antigas do que parece un xacemento arqueolóxico, abren a segunda longametraxe de Samuel Alarcón despois de La ciudad de los signos (2009). A voz firme de Féodor Atkine finaliza a breve reflexión dirixindo o seu discurso ao pintor Francisco de Goya, diante de cuxo busto no Parque de San Isidro vemos reunido un... Ler máis
CANNES DÍA 7: PEDRO ALMODÓVAR A POLA PALMA
Adoitamos dicir que Cannes maltrata o cinema español. Está mellorando ou é que a equipa de Thierry Fremaux tomou conciencia deste detalle? Cinco son os filmes españois que se presentan este ano na Croisette. A curta Decorado (Alberto Vázquez, 2016) na Quincena dos Realizadores, Mimosas (Oliver Laxe, 2016) na Semana da Crítica e Timecode (Juanjo Giménez, 2016), Julieta (Pedro Almodóvar, 2016) e La mort de Louis XIV (Albert Serra, 2016) – esta última fóra... Ler máis
PEDRO ALMODÓVAR: MESTIZAXE E DECONSTRUCIÓN
Acumulación e depuración. Eclecticismo e heterodoxia. Disolución de discursos e sistemas de representación hexemónicos. Traballo sobre o espazo e as formas. Camp, kitsch, pop, punk,… A historia non ten aforradas verbas para Pedro Almodóvar (Calzada de Calatrava, Ciudad Real, 1949). A súa intensa actividade (fotonovelas, dúo musical con McNamara, teatro en Los Goliardos, decorados, guionista de cómics, filmes en Súper 8, articulista e narrador) ao tempo que traballa... Ler máis
AUTORÍA DE XÉNERO, COLLEITA 2010-2011
É habitual nas conversas cinéfilas escoitar que a dicotomía entre cinema de autor e de xénero está superada. Canto maior é a necesidade de evidenciar algo, menos certo adoita ser. O posmodernismo tróuxonos exercicios referenciais e metafílmicos que acabaron por converter o propio ensaio sobre o xénero nunha pegada autoral. Os Coen ou Quentin Tarantino son boa mostra disto. Pola contra, Hollywood segue xogando sobre seguro, e semella que non quere traizoar estas categorías,... Ler máis