O MELLOR DE 2011
A redacción d’A Cuarta Parede elixiu as mellores películas do ano cos votos de todos os colaboradores. Salvo que se indique o contrario, as listaxes conteñen dez filmes, aos que se lle atribuíu unha puntuación de 10 a 1, outorgando o valor máis alto á mellor valorada e así sucesivamente. Estes son os resultados: El árbol de la vida, de Terrence Malick: 53 puntos El Havre, de Aki Kaurismäki: 33 puntos EMPATE: Melancolía, de Lars Von Trier / Shame, de Steve McQueen:... Ler máis
PEDRO ALMODÓVAR: MESTIZAXE E DECONSTRUCIÓN
Acumulación e depuración. Eclecticismo e heterodoxia. Disolución de discursos e sistemas de representación hexemónicos. Traballo sobre o espazo e as formas. Camp, kitsch, pop, punk,… A historia non ten aforradas verbas para Pedro Almodóvar (Calzada de Calatrava, Ciudad Real, 1949). A súa intensa actividade (fotonovelas, dúo musical con McNamara, teatro en Los Goliardos, decorados, guionista de cómics, filmes en Súper 8, articulista e narrador) ao tempo que traballa... Ler máis
AUTORÍA DE XÉNERO, COLLEITA 2010-2011
É habitual nas conversas cinéfilas escoitar que a dicotomía entre cinema de autor e de xénero está superada. Canto maior é a necesidade de evidenciar algo, menos certo adoita ser. O posmodernismo tróuxonos exercicios referenciais e metafílmicos que acabaron por converter o propio ensaio sobre o xénero nunha pegada autoral. Os Coen ou Quentin Tarantino son boa mostra disto. Pola contra, Hollywood segue xogando sobre seguro, e semella que non quere traizoar estas categorías,... Ler máis