Cannes 2023 (I): eterno Godard

Cada vez que sae un filme de Jean-Luc Godard, isto convértese nun acontecemento na comunidade cinéfila. Se esta é unha fita póstuma e se presenta en Cannes, o asunto adquire dimensións colosais. Así foi o noso bautismo onte nesta cita festivaleira. A sala Debussy, espazo dedicado ás propostas máis autorais e a preferida do certame para JLG en vida, repleta para ver unha curtametraxe. Entre os presentes, como recordou o delegado xeral Thierry Frémaux no seu discurso,... Ler máis

NOS DÉFAITES, de Jean-Gabriel Périot

PEDAGOXÍA FÍLMICA REVOLUCIONARIA Hai quen pensamos que algo non vai ben na Quinta República Francesa. Un réxime un pouco caduco cun taboleiro político que treme decotío: un día son os chalecos amarelos, outro a cíclica insurrección de banlieu, ou o baile de apoios a novos ou renovados partidos en cada elección (véxase agora os Verdes, antes Macron, por momentos a Fronte – perdón, Agrupación – Nacional de Marine Le Pen). Con todo, os franceses aínda poden presumir... Ler máis

O POTENCIAL CRÍTICO DO ENSAIO AUDIOVISUAL DIXITAL

Ler este artigo na súa versión orixinal en portugués O ensaio audiovisual dixital é actualmente unha práctica cultural cunha gran diversidade de temas, métodos e contextos de utilización. Moitos ensaios teñen como obxecto o cinema, abordando un ou máis filmes, o traballo dun intérprete, ou determinada técnica cinematográfica. No entanto, o obxecto do ensaio audiovisual tamén se estende frecuentemente á relación do público con eses filmes e, en particular, ao modo... Ler máis

20 ANOS DE FIRE!!

A Mostra Internacional de Cinema Gai i Lesbià de Barcelona cumpre vinte anos. FIRE!! é o primeiro festival de temática LGBT de Catalunya, creado polo Casal Lambda en 1995. Trátase dun encontro internacional destacado entre os festivais de cinema barceloneses coma no circuíto LGBT mundial. Vinte longametraxes de estrea, outras tantas curtametraxes, unhas bases de participación abertas, e un trato cara o público considerado, positivo e respectuoso, son algúns dos selos... Ler máis

FID MARSEILLE 2015: SUBSTRATOS DA MEMORIA

‘Toponimia’ de Jonathan Perel. Dicir que o cinema é memoria resulta unha evidencia tan grande como afirmar que é luz. Pero tópicos aparte, se tan a miúdo repetimos estas verdades absolutas é porque a complexidade detrás de tales declaracións é inmensa. O FID, festival preciso e pertinente, sábeo ben. De aí que, dentro desa liña do cinema da memoria, decidise facer na súa última edición un repaso a outro clásico: o cinema de ruínas. Dende os inicios... Ler máis

‘EL CINE QUE ME IMPORTA’, de Javier Tolentino

Javier Tolentino con Neus Ballús e Lluís Miñarro, na gravación dun programa no marco de Curtocircuíto. FOTO: Tamara de la Fuente Quen agarde un libro de análise crítica, non o vai atopar en El cine que me importa. Menos aínda unha antoloxía do mellor da historia do cinema por Javier Tolentino. O volume do presentador de El séptimo vicio de Radio 3 é un ensaio apaixonado e cinéfilo, dun xornalista que leva anos contando o que ocorre no mundo do cinema, dende a súa... Ler máis

ALBERT SERRA (LA NOVEL·LA, NO EL CINEASTA)

Nunha das máis de 600 citas que compoñen Reality Hunger de David Shield podiamos ler algo así: O motor da ficción é a narrativa, o motor do ensaio o pensamento. Nunha contamos, noutro recordamos. En Albert Serra (la novel·la, no el cineasta) Albert Forns combina de xeito maxistralmente humorístico a reflexión e a información coa imaxinación. Por iso o lector cinéfilo que busque un libro monográfico ao estilo Catedra ou Dirigido por sobre o polémico cineasta español... Ler máis

Procesos #10 – Ross McElwee

   O seguinte texto pertence á presentación de Photographic Memory no CGAI o 12 de abril de 2012. Acompáñase unha entrevista que se lle fixo a Ross McElwee na pasada edición de Play-Doc. Esta será substituída por un vídeo-crónica dos seus días no festival nas vindeiras semanas. Retrospectiva de Ross McElwee no CGAI do 12 ao 24 de abril, organizada por Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui. __________ Presentar Photographic Memory (2011),... Ler máis

AUTORÍA DE XÉNERO, COLLEITA 2010-2011

É habitual nas conversas cinéfilas escoitar que a dicotomía entre cinema de autor e de xénero está superada. Canto maior é a necesidade de evidenciar algo, menos certo adoita ser. O posmodernismo tróuxonos exercicios referenciais e metafílmicos que acabaron por converter o propio ensaio sobre o xénero nunha pegada autoral. Os Coen ou Quentin Tarantino son boa mostra disto. Pola contra, Hollywood segue xogando sobre seguro, e semella que non quere traizoar estas categorías,... Ler máis

VIKINGLAND, de Xurxo Chirro

Vikingland (2011) é a creación dun dos axentes culturais e artistas galegos, Xurxo Chirro (A Guarda, 1973), máis activos e, de distintos xeitos, persoal e influínte, nos últimos anos. Chirro ou Xurxo González aparece avalado por unha labor teórica e de xestión, incidencia e animación cultural institucional máis que consistente (experto na obra de Manoel de Oliveira; programador e creador en 2008 dun orixinal festival, o Filminho; mente pensante activadora das medidas... Ler máis