NUNCA SUBÍ EL PROVINCIA, de Ignacio Agüero
Nunca subí el Provincia, de Ignacio Agüero, foi estreado na 30ª edición do FID Marseille, alzándose co Gran Premio do festival. É a segunda vez que o director chileno obtén este galardón tras Como me dá a gana II, o seu anterior filme. A última película de Ignacio Agüero é unha homenaxe ao pequeno, ao íntimo, ao barrio, ás intrahistorias dos veciños anónimos, a mirar a montaña e a deleitarse coa luz crepuscular sobre a fachada do veciño. Con isto fala da historia... Ler máis
CURTOCIRCUITO 2017: TEDDY WILLIAMS, FILMAR OU FILMAR
Un ano máis Curtocircuito achega a un cineasta emerxente a posibilidade de amosar o seu cinema dentro dunha retrospectiva encadrada na sección Púlsar. Teddy Williams (Buenos Aires, 1987), galardoado na sección Cineasti del presente do Festival de Locarno, achegará a Compostela os seus traballos que xa pasaron por festivais coma Cannes ou FIDMarseille. Un cinema estraño no que a cámara adopta unha inquietude constante, un movemento eterno, que levou a Williams a ser considerado... Ler máis
HONG SANG-SOO: “ADORO A LIBERDADE DE QUE CADA TOMA SEXA DISTINTA”
Hong Sang-soo (Seúl, 1960) converteuse nos últimos vinte anos nun dos autores surcoreanos máis importantes do momento, e pode que o que máis teña influenciado os cineastas independentes de todo o mundo. Lonxe da estilización doutros coetáneos como Bong Joon-ho ou Park Chan-wook, o creador de Tale of Cinema (2005) caracterizouse máis ben por un estilo sobrio e por xoguetonas tramas que se constrúen na rodaxe, sen guión, ámbito onde a súa influencia máis se deixa notar.... Ler máis
FIDMARSEILLE 2016: GLORIOSO E DIVERSO
Patricio Guzmán, homenaxeado en FIDMarseille. Os festivais son como bestas de metal ás que lles encanta engulir celuloide. Máis de 200 cintas non é unha cantidade razoable que tragar en pouco máis dunha semana. Sen dúbida, as diferentes seccións do FIDMarseille compleméntanse entre elas, establecendo nexos ben interesantes en cada unha das nosas visitas á cidade gala, e ofrecendo diversidade para un certame que parece estar a medrar. A incorporación dunha sala como Videodrome,... Ler máis
FID MARSEILLE 2015: SUBSTRATOS DA MEMORIA
‘Toponimia’ de Jonathan Perel. Dicir que o cinema é memoria resulta unha evidencia tan grande como afirmar que é luz. Pero tópicos aparte, se tan a miúdo repetimos estas verdades absolutas é porque a complexidade detrás de tales declaracións é inmensa. O FID, festival preciso e pertinente, sábeo ben. De aí que, dentro desa liña do cinema da memoria, decidise facer na súa última edición un repaso a outro clásico: o cinema de ruínas. Dende os inicios... Ler máis
Número 27
Oito anos de crise económica non son unha mala experiencia pasaxeira, é a nova orde das cousas, unha dose sostida de desigualdade cunha función moi precisa: evitar a redistribución da riqueza nas sociedades do benestar. O cinema tardou moito en representar este proceso, mais a estas alturas xa hai unha manchea de filmes sobre o tema que cómpre analizar. Emporiso, queremos adicar a nosa vindeira Panorámica a interpretar as súas imaxes e discursos, porque configuran, dun... Ler máis