DIEGO MARADONA, de Asif Kapadia
No 2009, Ken Loach asinaba Looking for Eric, unha película centrado na vida dun carteiro inglés que loita contra a súa particular crise coa axuda do dianteiro do Manchester United Eric Cantona. Non me considero un fanático do fútbol, aínda que si que gosto de ver algún que outro partido e sigo a actualidade de preto; quizais por iso o filme de Loach fíxome sentirme máis próximo aos meus amigos que si vivían o deporte. Máis próximo a esa paixón que cega a vista dunha... Ler máis
LA IDEA DE UN LAGO, de Milagros Mumenthaler
Uns meses despois de vela, o que quedou de La idea de un lago (Milagros Mumenthaler, 2016) na miña cabeza eran moitas imaxes fascinantes gravadas no meu cerebro, máis que a maneira na que a película as conecta entre elas. Unha nena achegándose á cámara e abafando a lente co seu alento. A mesma nena bañándose nun lago mentres un Renault 4 flota e xoga con ela. A póla dunha árbore caendo no bosque sen que ninguén a vexa. Un neno vestido de Superman sentado ao volante... Ler máis
CURTOCIRCUITO 2017: TEDDY WILLIAMS, FILMAR OU FILMAR
Un ano máis Curtocircuito achega a un cineasta emerxente a posibilidade de amosar o seu cinema dentro dunha retrospectiva encadrada na sección Púlsar. Teddy Williams (Buenos Aires, 1987), galardoado na sección Cineasti del presente do Festival de Locarno, achegará a Compostela os seus traballos que xa pasaron por festivais coma Cannes ou FIDMarseille. Un cinema estraño no que a cámara adopta unha inquietude constante, un movemento eterno, que levou a Williams a ser considerado... Ler máis
JAUJA, de Lisandro Alonso
Un hombre en el desierto es alguien buscando algo; un sintiente en busca de sentido. Vicente Luis Mora [1] O inconsciente do tempo Podemos definir o cinema de Lisandro Alonso como ‘mostrativo’. Ao cineasta arxentino non lle interesa contar unha historia, chégalle con observar as accións, os comportamentos e os movementos dos corpos dos seus protagonistas a través da paisaxe e o espazo. Por iso é polo que os seus filmes están ateigados de personaxes solitarios... Ler máis