LA FLOR, de Mariano Llinás
La flor é unha película que dura 868 minutos. 600 minutos son dez horas, así que quedan 268 minutos, que son 4 horas e 38 minutos, e entón en total son 14 horas e 38 minutos. Fago a conta porque estou acostumado a calcular canto son 120 ou mesmo 150 minutos pero de aí para arriba xa me perdo. E fágoa porque é inevitable dicir canto dura antes de falar de calquera outra cousa sobre a película de Mariano Llinás, non só porque sexa un titular sinxelo (“O festival X proxecta... Ler máis
JAUJA, de Lisandro Alonso
Un hombre en el desierto es alguien buscando algo; un sintiente en busca de sentido. Vicente Luis Mora [1] O inconsciente do tempo Podemos definir o cinema de Lisandro Alonso como ‘mostrativo’. Ao cineasta arxentino non lle interesa contar unha historia, chégalle con observar as accións, os comportamentos e os movementos dos corpos dos seus protagonistas a través da paisaxe e o espazo. Por iso é polo que os seus filmes están ateigados de personaxes solitarios... Ler máis
RELATOS SALVAJES, de Damián Szifrón
A última longametraxe do guionista e director Damián Szifrón é, en primeiro lugar, un magnífico divertimento, unha maquinaria perfectamente engraxada da que se goza moito máis se se sabe pouco ou nada da súa narración. Nunha época na que os trailers están deseñados para non deixar nada á imaxinación, o deste filme ten a rara habilidade de suxerir sen destripar ningunha das historias e sen desvelar ningún dos seus moitos gags humorísticos. Porén, se isto nos tempos... Ler máis