No Time To Die, de Cary Joji Fukunaga

A FIN DUNHA ERA (DE BLOCKBUSTERS) Hai películas que, sen acabar de gustarnos, espertan en nós o desexo irrefreable de escribir sobre elas. Isto mesmo me pasou con No Time To Die (Cary Joji Fukunaga, 2021), despedida de Daniel Craig a James Bond. Poderiamos dicir que se move entre o épico e o íntimo, ou que fai gala dun melodramatismo acusado, ou que está composta por un sen fin de set pieces ben executadas (aínda que quizais esgotadoras por acumulación), que son características... Ler máis

SKYFALL, de Sam Mendes

DOBRE ESTUDO DE XÉNERO Medio século de James Bond era algo a celebrar para a lexión de afeccionados ao axente secreto máis famoso da historia do cinema. O agasallo ía chegarlles na forma dun novo filme, ambicioso coma o que máis: Skyfall (Sam Mendes, 2012). Os seus responsables debían contentar, cando menos, a todos aqueles seguidores do Sean Connery máis duro, sofisticado, sarcástico e sedutor; e aos do retranqueiro, livián, tecnolóxico e surrealista Roger Moore. Esquezámonos... Ler máis

AUTORÍA DE XÉNERO, COLLEITA 2010-2011

É habitual nas conversas cinéfilas escoitar que a dicotomía entre cinema de autor e de xénero está superada. Canto maior é a necesidade de evidenciar algo, menos certo adoita ser. O posmodernismo tróuxonos exercicios referenciais e metafílmicos que acabaron por converter o propio ensaio sobre o xénero nunha pegada autoral. Os Coen ou Quentin Tarantino son boa mostra disto. Pola contra, Hollywood segue xogando sobre seguro, e semella que non quere traizoar estas categorías,... Ler máis