“O MEU NOVO FILME SERÁ UN MONUMENTO AO MEDIO ANALÓXICO”

Read here in English O cineasta experimental Peter Kubelka acodeu ao (S8) Mostra de Cinema Periférico (A Coruña) no último xuño para dar unha conferencia sobre as súas metáforas comestíbeis. Responsábel da primeira cátedra de cinema e cociña, foi visionario tamén ao deseñar o Invisible Cinema Theatre para os Anthology Film Archives, fundados xunto con Jonas Mekas, Stan Brakhage e P. Adams Sitney. Presentou tamén todos os seus filmes ao público, incluíndo a súa... Ler máis

SKYFALL, de Sam Mendes

DOBRE ESTUDO DE XÉNERO Medio século de James Bond era algo a celebrar para a lexión de afeccionados ao axente secreto máis famoso da historia do cinema. O agasallo ía chegarlles na forma dun novo filme, ambicioso coma o que máis: Skyfall (Sam Mendes, 2012). Os seus responsables debían contentar, cando menos, a todos aqueles seguidores do Sean Connery máis duro, sofisticado, sarcástico e sedutor; e aos do retranqueiro, livián, tecnolóxico e surrealista Roger Moore. Esquezámonos... Ler máis