Mandibules, de Quentin Dupieux

O verán adoita a ser o momento no que o cinema se enche de propostas lixeiras que non atoparon espazo durante o resto do ano. Así, é normal que un dos xéneros que máis aparezan nas carteleiras sexa o da comedia: nada entra mellor cando aperta a calor que o aire acondicionado da sala de cinema e 90 minutos de risas. Con todo, tamén é o clima perfecto para arriscar con filmes que non adoitan ter un gran público pero que, o que teñen, é fiel. Recoñezo que esta situación... Ler máis

AUTORÍA DE XÉNERO, COLLEITA 2010-2011

É habitual nas conversas cinéfilas escoitar que a dicotomía entre cinema de autor e de xénero está superada. Canto maior é a necesidade de evidenciar algo, menos certo adoita ser. O posmodernismo tróuxonos exercicios referenciais e metafílmicos que acabaron por converter o propio ensaio sobre o xénero nunha pegada autoral. Os Coen ou Quentin Tarantino son boa mostra disto. Pola contra, Hollywood segue xogando sobre seguro, e semella que non quere traizoar estas categorías,... Ler máis