ANNA KARENINA, de Joe Wright

A admirábel novela de Lev Tolstói non tivo demasiada sorte no cinema: ocorreulle case o mesmo que a Madame Bovary de Gustave Flaubert (1856). Estas dúas obras mestras do século de ouro da novela, o XIX, teñen dous claros puntos de contacto: o adulterio e a descrición dunha sociedade que se estende a un país enteiro (Francia a través da burguesía provinciana, e Rusia no contexto da aristocracia lareta e mixiricas que Tolstoi coñecía -e detestaba- perfectamente, xa que... Ler máis

AUTORÍA DE XÉNERO, COLLEITA 2010-2011

É habitual nas conversas cinéfilas escoitar que a dicotomía entre cinema de autor e de xénero está superada. Canto maior é a necesidade de evidenciar algo, menos certo adoita ser. O posmodernismo tróuxonos exercicios referenciais e metafílmicos que acabaron por converter o propio ensaio sobre o xénero nunha pegada autoral. Os Coen ou Quentin Tarantino son boa mostra disto. Pola contra, Hollywood segue xogando sobre seguro, e semella que non quere traizoar estas categorías,... Ler máis