Berlinale 2023 (II): un Henry James contemporáneo

La bête dans la jungle, de Patric Chiha A presenza de dous actores como Anaïs Demoustier e Tom Mercier (esa forza da natureza que protagonizou Sinónimos, de Nadad Lapid, en 2019), unido ao feito de que se trata dunha adaptación de Henry James, atraía a ver La bête dans la jungle (Patric Chiha, 2023). O relato orixinal pivota en torno á historia de amor entre May Bartram e John Marcher, un rapaz obsesionado con que un gran evento vai chegar na súa vida. Agardando por este,... Ler máis

A PORTUGUESA, de Rita Azevedo Gomes

Cando se espera moito tempo… «Esperara durante once anos ao seu esposo, durante once anos el fora amante da fama e da fantasía, agora percorría a casa e o patio e semellaba, raído pola enfermidade, moi ordinario en comparación aos mozos e os bos modais da corte. Ela non se detiña a pensar demasiado nisto, pero cansouse un pouco da vida nese país, que lle prometía o indicible.» A premisa de A portuguesa é sinxela, unha historia de espera; as palabras, de Musil. De... Ler máis

UN DÍA NA RODAXE D’A ESTACIÓN VIOLENTA’

   O cine é lento, moi lento. Sobre todo cando quere facerse de maneira audaz e á antiga usanza, na dun formato que se resiste a morrer, o celuloide. Os custos de produción obrigan a gastar a cantidade xusta de película. Na filmación dun plano devén case tan importante a planificación coma o que finalmente se captura no negativo. Sobre todo se este plano se trata dun longo travelling de dous minutos que ten lugar dende o inicio da rúa de San Bieto, a ruela que... Ler máis

INDIELISBOA 2017: AS MÚLTIPLES VIDAS DOS TRABALLADORES, DOS OCIOSOS E DOS MARXINAIS

Os tempos da hibridación entre o documental e a ficción, así como o debate sobre os límites destes rexistros, fican definitivamente atrás. A deriva que tomou o cinema nos últimos anos convida a superar esta dicotomía e a abandonar as categorías ríxidas coas que antes se definían estilos e tendencias. Todo resulta agora máis complexo e, á vez, de súpeto, máis doado de encarar, como suxiren as dúas longametraxes vencedoras da competición internacional do último... Ler máis

CAROL, de Todd Haynes

Cando Todd Haynes espertou, o melodrama seguía estando aí. O idilio do cineasta con este xénero denostado resultou ser amor verdadeiro, e todos os espectadores saímos gañando desta unión. Sen dúbida trátase do rexistro formal que mellor lle permite canalizar as súas constantes autorais, nomeadamente a súa aproximación posmoderna e transgresora a modelos codificados da cultura popular e o seu interese militante por temáticas feministas e/ou queer. Amais, de momento,... Ler máis

X-MEN: DAYS OF FUTURE PAST, de Bryan Singer

Bryan Singer non inventou a adaptación cinematográfica do cómic superheroico (sen ir máis lonxe, antes del Richard Donner e Tim Burton xa levaran con éxito á gran pantalla a Superman e Batman), mais o seu achegamento ao universo da Patrulla-X (X-Men, 2000; X2, 2003) desmarcouse do visto até entón e sentou as bases do que debería ser o filme de superheroes canónico e moderno: conxugando o respecto cara ao material de orixe coa achega de intelixentes novidades que logo... Ler máis

SNOWPIERCER, de Bong Joon-ho

A LOCOMOTORA COREANA O planeta está morto por conxelación. A terra cuberta de neve perpetua e os mares xeados deixaron de ser aptos para a vida; as plantas morreron, os animais desapareceron e a humanidade extinguiuse. Agás por un puñado de sobreviventes que, enclaustrados nun tren de enerxía renovable en constante movemento, sobreviven varios anos coma os últimos especímenes da raza humana baixo un único mandato: a locomotora sempre debe avanzar. A partir deste vibrante... Ler máis

ANNA KARENINA, de Joe Wright

A admirábel novela de Lev Tolstói non tivo demasiada sorte no cinema: ocorreulle case o mesmo que a Madame Bovary de Gustave Flaubert (1856). Estas dúas obras mestras do século de ouro da novela, o XIX, teñen dous claros puntos de contacto: o adulterio e a descrición dunha sociedade que se estende a un país enteiro (Francia a través da burguesía provinciana, e Rusia no contexto da aristocracia lareta e mixiricas que Tolstoi coñecía -e detestaba- perfectamente, xa que... Ler máis