19.ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Seccións Oficiais

Sesión Inaugural MICE 2024. ‘586 Cantos’. Un ano máis, Santiago de Compostela volveu acoller a MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico) do Museo do Pobo Galego, cuxa décimo novena edición tivo lugar entre o 20 e o 26 de marzo. A política e a tensión social a través das pulsións de intereses foron as protagonistas este ano, outorgándonos pezas que non só nos falan de pobos e culturas, senón tamén dos axentes externos aos que se ven sometidos. Esta... Ler máis

Ángel Filgueira: “Un dos retos do filme foi intentar fuxir dunha imaxe máis pornográfica e así naturalizar un contido que tira moito cara ao sexual”

Ángel Filgueira pechou a oitava edición de Novos Cinemas coa estrea en Galicia da súa primeira longametraxe de ficción, Canto toco un animal, protagonizada por Lidia Veiga, Ánxela Ríos e Xulio Besteiro, e producida por Sétima, a produtora galega fundada por Anxos Fazáns e Silvia Fuentes. Explorando o traballo previo de Filgueira, incluída unha curtametraxe titulada As ondas, que serviu como experiencia previa e toma de contacto do equipo para a creación deste filme,... Ler máis

Curtocircuíto 2023: Planeta GZ

Non te vexo, de Xacio Baño A sección Planeta GZ regresa un ano máis, achegando ao público de Curtocircuíto as propostas máis arriscadas do cinema galego actual. Este ano, como case sempre, contamos cunha selección moi variada e heteroxénea, chea de contrastes, aínda que varias das pezas teñen algún nexo en común, como certo intimismo dominante no audiovisual galego contemporáneo e o seu apego á terra, establecendo unha profunda conexión con ela. Ruovesi é unha... Ler máis

CONTINENTAL, de Xavier Villaverde

Continental foi a película elixida para abrir Cinegalicia o 23 de novembro do ano 1989. Estaba dirixida por Xavier Villaverde, que xa tiña certo percorrido no audiovisual, especialmente no vídeoarte e a curtametraxe. Continental era a súa primeira e prometedora longametraxe, que lle valeu a candidatura ao Goya como mellor director novel. Villaverde quixo experimentar cos esquemas do cine de gánsteres feito dende Galicia. Non obstante, Continental non é unha historia que... Ler máis

A ESTACIÓN VIOLENTA, de Anxos Fazáns

De costas, a cámara lenta, Claudia (Nerea Barros) aproxímase a unha praia onde se unirá a catro amigos para acabar bañando os seus corpos espidos e eufóricos no mar. Considerando o que veremos despois nesta primeira longametraxe da pontevedresa Anxos Fazáns (1992), a enigmática secuencia que o abre parece extraída doutro filme, menos escuro e oposto á desolación que baña cada paso cara a nada dos seus erráticos personaxes. En realidade, este choque plasma en si a... Ler máis

De periferias e linguas

Parte da equipa do filme Doentes no Festival de Málaga Hai uns anos, saíndo do pase de prensa de Doentes, de Gustavo Balza, no Festival de Málaga recollín unha conversa allea entre compañeiros xornalistas na que falaban de aquilo que eles calificaban como o “cine autonómico”. Doentes rodouse en galego, como era lóxico adaptando o texto de Vidal Bolaño, e eles amosábanse algo indignados ante aquela afrenta de ter que ver un filme que non estivera en castelán dentro... Ler máis

UN DÍA NA RODAXE D’A ESTACIÓN VIOLENTA’

   O cine é lento, moi lento. Sobre todo cando quere facerse de maneira audaz e á antiga usanza, na dun formato que se resiste a morrer, o celuloide. Os custos de produción obrigan a gastar a cantidade xusta de película. Na filmación dun plano devén case tan importante a planificación coma o que finalmente se captura no negativo. Sobre todo se este plano se trata dun longo travelling de dous minutos que ten lugar dende o inicio da rúa de San Bieto, a ruela que... Ler máis