A ESTACIÓN VIOLENTA, de Anxos Fazáns

De costas, a cámara lenta, Claudia (Nerea Barros) aproxímase a unha praia onde se unirá a catro amigos para acabar bañando os seus corpos espidos e eufóricos no mar. Considerando o que veremos despois nesta primeira longametraxe da pontevedresa Anxos Fazáns (1992), a enigmática secuencia que o abre parece extraída doutro filme, menos escuro e oposto á desolación que baña cada paso cara a nada dos seus erráticos personaxes. En realidade, este choque plasma en si a... Ler máis

CEBE E A CONSTRUCCIÓN DA IDENTIDADE ‘DO IT YOURSELF’ EN ‘OUT OF THE BLUE’

Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018 (Le o texto na súa versión orixinal en inglés aquí) 1. Cebe e o punk D.I.Y. Antes de ser unha especie de subxénero de tutoriais de internet, o concepto de D.I.Y. (acrónimo de “Do It Yourself”: faino ti mesmo) foi un compoñente clave da subcultura punk. O primeiro que me chamou a atención en Out of the Blue... Ler máis