Los reyes del mundo, de Laura Mora
Un trono de ladrillo “Aos individuos correspóndenos indignarnos; aos gobernos reflexionar e actuar”, con esta frase de Michel Foucault comezaba a fiar a directora colombiana Laura Mora o seu primeiro filme, Matar a Jesús (2017), para somerxernos nunha obra crúa e inxusta, mais contada dende un punto de vista acomodado, dende as clases que tiñan o privilexio de pensar. En los Los reyes del mundo (2022) volve coa forza da cámara en man, dos planos fechados e os encadres... Ler máis
O AUDIOVISUAL DOS MILLENNIALS GALEGOS
Narcisistas, malcriados, egocéntricos, indiferentes e impacientes. Infantís, ninis, apolíticos, mimados. Frívolos. Insolidarios. Preguizosos. Inmaturos, materialistas e cómodos. Non comprometidos. Apáticos e irrespectuosos. Individualistas. Nados nun mundo dixital saturado de imaxes e sons. Parece que non queda nada novo por contar e por iso nadamos na mestura de referentes, de estilos e estéticas para demostrar que aínda temos un punto de vista propio. Somos fluídos,... Ler máis
NO FUTURE
Durante a década dos anos 70, houbo unha serie de acontecementos en todo o mundo detonantes dun pensamento e comportamento común nos xoves do mundo, afectando ás súas crenzas, ás súas costumes, incluso á moda e á súa estética. O Bloody Sunday, a Guerra de Vietnam e a crise do petróleo crearon un clima de crispación entre a xuventude, que comezou a adoptar o lema “No future”. A chegada do Punk representou unha vía de escape para esta parte da sociedade,... Ler máis
TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO, de Xiana do Teixeiro
Apáganse as luces da sala e na pantalla aparece a intermitente imaxe fragmentada dunha Nina Simone, vestida coas súas características cores e respostando con espontaneidade, sinceridade e poética a un entrevistador que lle pregunta “que significa ser libre”. A artista dalle un par de voltas á cuestión, mais conclúe dicindo, de xeito rotundo, que para ela ser libre é non ter medo. Así comeza Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro, 2018), un perfecto entrante... Ler máis
A ESTACIÓN VIOLENTA, de Anxos Fazáns
De costas, a cámara lenta, Claudia (Nerea Barros) aproxímase a unha praia onde se unirá a catro amigos para acabar bañando os seus corpos espidos e eufóricos no mar. Considerando o que veremos despois nesta primeira longametraxe da pontevedresa Anxos Fazáns (1992), a enigmática secuencia que o abre parece extraída doutro filme, menos escuro e oposto á desolación que baña cada paso cara a nada dos seus erráticos personaxes. En realidade, este choque plasma en si a... Ler máis
VINCENT MACAIGNE: “CANDO ACTÚO O MEU RITMO CARDÍACO ESTÁ EN CONEXIÓN CO DA PELÍCULA”
En 2013 Cannes acolleu a todo un novo conxunto de cineastas franceses que parecían falar con códigos moi persoais e un certo ton de sátira social do contexto histórico no que lles tocou vivir á súa xeración, a dos trinta e pico. Estas películas eran La bataille de Solférino (Justine Triet, 2013), La fille du 14 juillet (Antonin Peretjatko, 2013) e máis tarde ese ano, en Locarno, Tonnerre (Guillaume Brac, 2013). As tres, ademais de ser íntimos retratos xeracionais con... Ler máis
VIDEOFILIA (Y OTROS SÍNDROMES VIRALES), de Juan Daniel F. Molero
A Revolución non será televisada, a fin do mundo si. Videofilia comeza con dous amigos bebendo e filmando o amencer desde a azotea dun edificio. As promesas maias da fin do mundo deberían convertir esa madrugada na primeira dunha nova era e a última do mundo como o coñecemos. Así o comentan os protagonistas mentres filman o inicio dun novo mundo. Unha era que, pola contra do que os maias pronosticaban, comeza antes de tempo e en paralelo cos últimos avances tecnolóxicos:... Ler máis
CURTOCIRCUITO 2015: APOCALIPSE E XUVENTUDE
Tres anos despois da suposta fin do mundo, a apocalipse segue a estar de moda. Novos escenarios, a cotío posteriores a este colapso do mundo, son escollidos na actualidade para situar moitos filmes. Quizais por unha vontade de advertencia do posible ocaso da sociedade, quizais polo atractivo que suscitan. Fin do mundo que non sempre se corresponde coa destrución do planeta, senón, ás veces, co fin dunha era co comezo de outra. Algo así como acontece no paso da xuventude... Ler máis