ALDEMAR MATÍAS: “INTENTO CREAR AS CONDICIÓNS PARA QUE A REALIDADE XURDA MENTRES FILMO”
Aldemar Matias (Manaus, 1985) é un cineasta brasileiro formado nos Baños de Cuba. A súa curtametraxe de fin de carreira, El enemigo, competiu en Sección Oficial de Visions du Réel e foi premiada no Festival de San Sebastián e en DocumentaMadrid. Tralo seu paso pola Berlinale Talents, acaba de estrear La arrancada, a súa primeira longametraxe, na sección Panorama da Berlinale. Para a túa primeira longametraxe estiveches a explorar diferentes temas, concretamente un proxecto... Ler máis
SEFF 2018: SECCIÓN OFICIAL
A sensación ao chegar a un gran festival é a de querer velo todo. Unha ollada ao horario amosa a grandísima variedade de opcións e filmes programados que, mentres non se resolva a posibilidade da ubicuidade, se solapan e contraprograman. Comeza aí o tetris de filmes tradicional, a selección de que ver e cando, que remata por derivar nunha experiencia única e persoal a cada un dos asistentes. Isto é o que pasa no Festival de Sevilla, unha cita que reúne nas súas máis... Ler máis
CURTOCIRCUITO 2015: APOCALIPSE E XUVENTUDE
Tres anos despois da suposta fin do mundo, a apocalipse segue a estar de moda. Novos escenarios, a cotío posteriores a este colapso do mundo, son escollidos na actualidade para situar moitos filmes. Quizais por unha vontade de advertencia do posible ocaso da sociedade, quizais polo atractivo que suscitan. Fin do mundo que non sempre se corresponde coa destrución do planeta, senón, ás veces, co fin dunha era co comezo de outra. Algo así como acontece no paso da xuventude... Ler máis