SEFF 2018: SECCIÓN OFICIAL
A sensación ao chegar a un gran festival é a de querer velo todo. Unha ollada ao horario amosa a grandísima variedade de opcións e filmes programados que, mentres non se resolva a posibilidade da ubicuidade, se solapan e contraprograman. Comeza aí o tetris de filmes tradicional, a selección de que ver e cando, que remata por derivar nunha experiencia única e persoal a cada un dos asistentes. Isto é o que pasa no Festival de Sevilla, unha cita que reúne nas súas máis... Ler máis
CANNES 2018 EP. 3: E AO TERCEIRO DÍA RESUCITOU… GODARD
E ao terceiro día resucitou. A sección oficial estaba morta e chegou Jean-Luc Godard para facernos crer. Había moita expectación con Le livre d’image (2018) por saber se se parecería máis a Histoire(s) du cinéma(s) (1988) ou á senda emprendida dende Film socialisme (2010), polo que se intuía que ía ter de crítica ao declive de Occidente visto dende o cinema, cunha edición de imaxes que nos fan reflexionar sobre a súa memoria como espello da historia do século... Ler máis
120 BATTEMENTS PAR MINUTE, de Robin Campillo
París, principios dos noventa. Un grupo de activistas de Act-Up, asociación internacional que loita pola visibilización do VIH e a súa erradicación, reúnese nas aulas dunha facultade e, entre acalorados debates e saídas nocturnas, sucédense as accións reivindicativas, radicais e transgresoras, poñendo contra as cordas ás autoridades e ás grandes farmacéuticas para empurralas a atopar unha solución asequible e universal á súa enfermidade. Francia levaba xa unha... Ler máis
PHILIPPE MANGEOT: “SIGO CONVENCIDO DE QUE AÍNDA É POSIBLE CREAR CONCIENCIA NO MUNDO”
Despois dun triunfante percorrido por numeroso festivais internacionais, que comezou coa súa estrea na última edición de Cannes, chega ás nosas pantallas 120 battements par minute (2017), do francés Robin Campillo. A película, ambientada nos anos 90, está baseada nas accións reais levadas a cabo polo grupo Act Up, organización en defensa do colectivo LGTBI, durante os anos máis duros da crise da SIDA en Francia. Tivemos a sorte de conversar co guionista Philippe Mangeot... Ler máis
LUX FILM PRIZE: CINEMA E IDENTIDADE EUROPEA
© European Union 2017 – Source: EP O Parlamento Europeo vén de celebrar unha vez máis a entrega dun dos galardóns máis singulares do panorama cinematográfico actual: o LUX Film Prize, que este ano foi para a cinta sueca Sami Blood (2016), ópera prima da directora Amanda Kernell. Esta distinción, que acada xa a súa undécima edición, foi creada no ano 2007 coa intención de promover aquelas películas que amosan e poñen en valor a identidade e cultura europeas,... Ler máis
20 ANOS DE FIRE!!
A Mostra Internacional de Cinema Gai i Lesbià de Barcelona cumpre vinte anos. FIRE!! é o primeiro festival de temática LGBT de Catalunya, creado polo Casal Lambda en 1995. Trátase dun encontro internacional destacado entre os festivais de cinema barceloneses coma no circuíto LGBT mundial. Vinte longametraxes de estrea, outras tantas curtametraxes, unhas bases de participación abertas, e un trato cara o público considerado, positivo e respectuoso, son algúns dos selos... Ler máis
DALLAS BUYERS CLUB, de Jean-Marc Vallée
Nada hai que guste máis a público e crítica que o papel do antiheroe social, epítome de todos os vicios, que se converte na liña torcida que consegue que a historia teña un final recto. A cinematografía está repleta de tales personaxes que fan memorables películas que, nun principio, non pasarían aos anais da sétima arte. Este podería ser o caso de Dallas Buyers Club (Jean-Marc Vallée, 2013), un filme de produción independente que por modesto e minimalista non pasaría... Ler máis
DOC LISBOA 2013 (2/2): UN DIARIO TÁCTIL
A segunda grande tendencia do Doc Lisboa 2013 (primeira crónica aquí) foi o diario filmado. O vencedor desta edición, Joaquim Pinto e a súa E Agora? Lembra-me (2013) estaba na boca de todos, para ben ou para mal, pois esta longa do mítico deseñador de son, ante todo, non deixa indiferente. Ao longo de algo máis de dúas horas e media, Pinto analiza todos os costados da súa experiencia co sida, e como iso impacta na súa vida persoal, especialmente na relación de parella.... Ler máis