ALDEMAR MATÍAS: “INTENTO CREAR AS CONDICIÓNS PARA QUE A REALIDADE XURDA MENTRES FILMO”

Aldemar Matias (Manaus, 1985) é un cineasta brasileiro formado nos Baños de Cuba. A súa curtametraxe de fin de carreira, El enemigo, competiu en Sección Oficial de Visions du Réel e foi premiada no Festival de San Sebastián e en DocumentaMadrid. Tralo seu paso pola Berlinale Talents, acaba de estrear La arrancada, a súa primeira longametraxe, na sección Panorama da Berlinale. Para a túa primeira longametraxe estiveches a explorar diferentes temas, concretamente un proxecto... Ler máis

LADY BIRD, de Greta Gerwig

Para unha peli indie, verse catapultada á tempada de premios é unha arma de dobre gume. Dunha banda, entra noutra liga e consegue máis atención da que xamais obtería por méritos propios, garantindo mesmo unha carreira comercial internacional. Doutra banda, corre o risco de verse reducida a unha narrativa promocional, encorsetada no oco que ocupa entre as restante candidatas, valorada só como contendente e non como entidade. Especialmente perigosa é esta dinámica para... Ler máis