FICBUEU 2024 — SECCIÓN OFICIAL #6
Platónico, platónica, de Xacio Baño Que é o amor? A última sesión do festival comeza con esta pregunta dirixida a unha intelixencia artificial. No corazón de Platónico, platónica (Xacio Baño, 2024) está a tese de que “a nosa relación coa creación de imaxes parte do amor”, e este é o vínculo que o filme explora a través de distintos formatos en apenas dez minutos de metraxe. Cales son, entón, as imaxes do amor que xera a IA cando a voz en off do filme (tamén... Ler máis
Play-Doc 2024: Seccións competitivas
Salvaxe Salvaxe, de Emilio Fonseca e Xiana do Teixeiro A última edición do Festival Internacional de Cinema de Tui — Play-Doc marcou un número redondo para o evento: a vixésima edición do encontro de cinema documental abriu as súas portas entre o 1 e o 5 de maio na capital do Baixo Miño. Este aniversario trouxo consigo un recordo das orixes do festival que impregnou toda a programación, con filmes que percorreron a profundidade da memoria. Xa sexa a través da evocación... Ler máis
Curtocircuíto 2023: Planeta GZ
Non te vexo, de Xacio Baño A sección Planeta GZ regresa un ano máis, achegando ao público de Curtocircuíto as propostas máis arriscadas do cinema galego actual. Este ano, como case sempre, contamos cunha selección moi variada e heteroxénea, chea de contrastes, aínda que varias das pezas teñen algún nexo en común, como certo intimismo dominante no audiovisual galego contemporáneo e o seu apego á terra, establecendo unha profunda conexión con ela. Ruovesi é unha... Ler máis
Curtocircuíto 2021: Planeta GZ, reciclaxe fílmica
Augas abisais, de Xacio Baño Curtocircuíto volveu a Santiago de Compostela un ano máis como un dos festivais con programacións máis frescas e arriscadas de toda Galicia. Asistimos a Planeta GZ, onde se agrupan algunhas das curtametraxes máis destacables do panorama autonómico do último ano. Chama a atención, unha vez máis, o choque xeracional cada vez máis consolidado que existe —e toda a diversidade que esta ponte supón—, entre voces habituais como Eloy Domínguez... Ler máis
Play-Doc 2021: Dun tempo e dunha terra
Esquirlas (Natalia Garayalde, 2020) O Play-Doc, festival internacional de cinema documental de Tui, celebrou entre os pasados 22 e 26 de setembro a súa decimo sétima edición. Ademais de ofrecer a oportunidade de asistir por primeira vez en España a retrospectivas de históricos cineastas do xénero, como Manfred Kirchheimer ou Bette Gordon, presentou, como vén sendo habitual, unha coidada selección de filmes na súa sección oficial, composta nesta ocasión por tan só cinco... Ler máis
Trote, de Xacio Baño
Hai case un ano, Ángel Suanzes publicaba en A Cuarta Parede un texto no que daba conta da produción que se achegaba para o 2018 e a súa relación coa lingua. O texto tamén servía para sinalar a grande produción que se achegaba neste ano que agora remata, ano no que o cinema galego (e en galego) seguiu a loitar por un espazo nas salas de cinema. Este é o caso de Trote (Xacio Baño, 2018), un filme do que se vén falando moito desde a súa rodaxe e que xa espertou hype en... Ler máis
SAN SEBASTIÁN 2018: APUNTES PARA UNHA CRÓNICA
Pretender efectuar con plena satisfacción unha visita rápida a un festival xigantesco como o de San Sebastián, incluso cando as xornadas alí son varias e as proxeccións acontecen por decenas, supón para calquera cinéfilo unha ardua tarefa. Abordar de forma parcial unha programación de seu impoñente ten como consecuencia o descarte inevitable de moitas das súas mellores propostas, aínda que tamén aporta unha maior finura na elección: o labor de peneirar a programación,... Ler máis
ÁLVARO GAGO (I/II): “FACER CINE É POLÍTICA, É HUMANIDADE, É ESPERANZA”
Matria, filme de Álvaro Gago, vén de facer historia no cinema galego tras gañar o Grande Premio á mellor curtametraxe no prestixioso festival de cinema Sundance en Utah, Estados Unidos. Non é o primeiro galardón que recibe o seu último traballo, unha cinta que narra o transcurso dun día laboral de Francisca, traballadora dunha conserveira da zona de Cambados. Unha muller sobreexplotada no seu posto de traballo e no seu fogar, que representa a unha de tantas outras mulleres... Ler máis
De periferias e linguas
Parte da equipa do filme Doentes no Festival de Málaga Hai uns anos, saíndo do pase de prensa de Doentes, de Gustavo Balza, no Festival de Málaga recollín unha conversa allea entre compañeiros xornalistas na que falaban de aquilo que eles calificaban como o “cine autonómico”. Doentes rodouse en galego, como era lóxico adaptando o texto de Vidal Bolaño, e eles amosábanse algo indignados ante aquela afrenta de ter que ver un filme que non estivera en castelán dentro... Ler máis
CLERMONT-FERRAND (III/III): LABO
Última parte da crónica de Clermont 2015. Vén de aquí e aquí. __________ A sección Labo é a que recolle no festival clermontino as propostas que buscan unha maior experimentación coa linguaxe cinematográfica. Coma nos outros casos, hai un equilibrio entre a ficción, a animación e o documental, sendo este último máis protagonista que nos demais programas do certame. O que nos chamou a atención foi a diversidade formal de Labo, e a consistencia do conxunto en torno... Ler máis