OS ENSAIOS COMO TENTATIVAS

O seguinte texto é obra dun dos participantes do Workshop Crítica de Cinema realizado durante o Curtas Vila do Conde – Festival Internacional de Cinema. Este obradoiro consistiu, dunha banda, nun conxunto de clases maxistrais e debates con convidados internacionais, e doutra, na produción de textos críticos sobre os filmes exhibidos durante o festival, que foron publicados, periodicamente, na páxina do Público, no blog do Curtas Vila do Conde, e nas revistas Á Pala... Ler máis

CURTOCIRCUÍTO 2014: SER E VOLTAR

Botas de choiva, abrigos e paraugas. O Teatro Principal cheo de vida. Saúdos e intercambios rápidos de opinións nas rúas. Ruído e conversacións cruzadas na Tita ou no Rhin. Isto é Curtocircuíto. Un festival internacional de curtametraxes con contidos alternativos que fai que se respire cinema na cidade. Entre o seis e o once de outubro tivo lugar en Santiago de Compostela a undécima edición deste festival que se converteu nunha cita ineludible para os cinéfilos e cineastas... Ler máis

‘CUERPO A CUERPO’, de Domènec Font

“O cinema é coma o fútbol: ninguén dubida en dar a súa opinión, é dicir que é formidable ou noxentoi”. Jean-Luc Godard Que se lle debe esixir a un libro sobre cinema nunha época que todo o mundo se volveu crítico e fai pública a súa opinión a través dunha miríade de revistas, blogues e redes socias? Que debe ter nuns tempos onde demasiada xente se enfunda a bata de investigador e ponse luvas de látex para realizar estudos tan voluminosos como estériles?... Ler máis

CATÁLOGO DE PRÁCTICAS AVANZADAS: RESEÑA DE ‘MOVIE MUTATIONS’

Movie Mutations é unha colección de artigos coordinada polo crítico estadounidense Jonathan Rosenbaum e mailo australiano Adrian Martin, editado por primeira vez en inglés no ano 2003. Dende aquela, este volume converteuse nunha referencia obrigada nos estudos sobre cinema porque, á marxe do interese particular dos seus textos, formulaba unha serie de cuestións que actualizaron o debate sobre como ver e pensar as imaxes, fornecendo a críticos, académicos, programadores... Ler máis