CURTOCIRCUÍTO 2014: SER E VOLTAR

Botas de choiva, abrigos e paraugas. O Teatro Principal cheo de vida. Saúdos e intercambios rápidos de opinións nas rúas. Ruído e conversacións cruzadas na Tita ou no Rhin. Isto é Curtocircuíto. Un festival internacional de curtametraxes con contidos alternativos que fai que se respire cinema na cidade. Entre o seis e o once de outubro tivo lugar en Santiago de Compostela a undécima edición deste festival que se converteu nunha cita ineludible para os cinéfilos e cineastas... Ler máis