ÁLVARO GAGO (II/II): “É MOI DIFÍCIL FACER ALGO NOVO; TODO O QUE FACEMOS É COPIAR”

(Vén de aquí) Falabamos dos momentos nos que os actores entran nesas zonas escuras da súa mente durante o proceso da interpretación. Como dirixías ti estes momentos? Francisca e máis eu tiñamos todo ensaiado e compartiamos unha linguaxe común. Se lle tiña que dicir algo, dicíallo baixiño. Cando algo non funcionaba con algún deses momentos-da-súa-vida aos que eu lle facía referencia, probabamos con outra cousa. Sempre, con poucas palabras e de forma moi directa.... Ler máis

ÁLVARO GAGO (I/II): “FACER CINE É POLÍTICA, É HUMANIDADE, É ESPERANZA”

Matria, filme de Álvaro Gago, vén de facer historia no cinema galego tras gañar o Grande Premio á mellor curtametraxe no prestixioso festival de cinema Sundance en Utah, Estados Unidos. Non é o primeiro galardón que recibe o seu último traballo, unha cinta que narra o transcurso dun día laboral de Francisca, traballadora dunha conserveira da zona de Cambados. Unha muller sobreexplotada no seu posto de traballo e no seu fogar, que representa a unha de tantas outras mulleres... Ler máis