LAS PALMAS 2019: OUTRAS FORMAS DE NARRAR

A Portuguesa (Rita Azevedo Gomes, 2018) O Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria, na súa decimo novena edición, fíxose valedor daquelas películas e cineastas que sen deixar de narrar buscan novas formas de facelo. Películas conscientes de que todo filme é representación -e poden reflexionar sobre iso- pero que non deixan de crer no poder e na importancia das imaxes. Máis ou menos, neste equilibrio entre o cinema narrativo e o experimental estiveron... Ler máis

OSCURO Y LUCIENTES, de Samuel Alarcón

“O pasado queda sempre enterrado na memoria, por iso removemos a terra en busca das súas reliquias”. Estas palabras, que acompañan a unha serie de fotografías antigas do que parece un xacemento arqueolóxico, abren a segunda longametraxe de Samuel Alarcón despois de La ciudad de los signos (2009). A voz firme de Féodor Atkine finaliza a breve reflexión dirixindo o seu discurso ao pintor Francisco de Goya, diante de cuxo busto no Parque de San Isidro vemos reunido un... Ler máis

A CUARTA PAREDE SORTEA UNHA ENTRADA DOBRE PARA ‘OSCURO Y LUCIENTES’

A Cuarta Parede pon en marcha un sorteo para agasallar aos lectores da revista unha entrada dobre para o pase de Oscuro y Lucientes (Samuel Alarcón, 2018) o día 7 de Xaneiro nos Cinemas Numax. Participar neste sorteo é moi doado. Tan só tes que seguir a A Cuarta Parede en Facebook ou en Twitter e enviarnos un correo á dirección info@acuartaparede.com co teu nome completo e DNI. No correo electrónico teredes que poñer no asunto “Sorteo Goya“; no corpo do texto,... Ler máis

PATRICIO GUZMÁN. CRÓNICA DUNHA VIAXE

Hai acontecementos na historia do home que marcan e definen con lume o presente e futuro das nacións. Momentos de quebranto nas relacións políticas e sociais que conxelan a vida dos seus cidadáns e mantéñenos inmóviles nese tempo e lugar como memoria paralizadora. Hai homes, tamén, coa perseverancia e obstinación, coa ética e a responsabilidade necesarias como para transformar esos fitos históricos en loita, arte e memoria. Ese é o caso de Patricio Guzmán e da súa... Ler máis