A FÁBRICA DE NADA, de Pedro Pinho

Sabemos o que non queremos: nin demagoxia, nin desposesión. Non queremos un capital que esvaeza de súpeto deixando un ronsel de traballadores desempregados e fábricas abandonadas, nin que nolo conten unha e outra vez do mesmo xeito, coa mesma mecánica oxidada. Os camaradas da produtora Terratreme son os primeiros que non queren filmes resesos. Teñen unha historia: unha fábrica autoxestionada que sobreviviu á fuga dos seus patróns, nos tempos da Revolución dos Cravos.... Ler máis