Locarno 2022: Fantástica lusofonía

Nação Valente (Carlos Conceição, 2022) Regra 34 (Julia Murat, 2022) —xa falamos aquí dela— levou o premio gordo no pasado Festival de Locarno. Non foi a única película lusófona en rascar algo no palmarés e, en concreto, houbo outros dous filmes falados en portugués moi salientables que, como xa apuntamos na nosa primeira crónica, se atreveron a usar elementos do cinema de xénero de maneiras moi orixinais. Altas expectativas estaban postas en Nação Valente (2022),... Ler máis

MATER AMATÍSIMA OU AS MODERNAS MEDEAS

Esta peza foi elaborada no Seminario de Crítica Experimental do (S8) Mostra de Cinema Periférico Nunha sorte de conmemoración dos seus 20 anos de carreira como cineasta nos que deu a luz outros tantos proxectos audiovisuais, María Ruido tráenos unha reflexión sobre a maternidade. Unha reflexión feminista que pon sobre a mesa a figura da mala nai, desa nai que se permite non querer ser nai e desa nai que se arrepinte delo, e como esta aceptación da maternidade fóra dos... Ler máis

O FILME-ENSAIO SOBRE ARTE: DO DIÁLOGO ESTÉTICO AO ENSAIO FICCIONADO

O encontro entre o cinema e as artes visuais é recente, pero tardará varias décadas en volverse un diálogo efectivo; sucesivos tanteos irán facendo cada vez máis complexa a mirada do cineasta. Dentro deste proceso, o cruce entre o cinema sobre arte e o cine-ensaio, cada un cos seus desenvolvementos paralelos, coa súa fixación de ferramentas expresivas, suporá unha sorte de culminación para ambos campos: un pensamento estético en imaxes, expresado en primeira persoa,... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 3: OS NENOS NON SOMOS PARVOS… OS IAKUZA SI

Trinta minutos, ese é o tempo que me leva percorrer a distancia dende o meu piso ata o Pathé, o multicine onde se proxectan as películas para a prensa e os delegados de industria polas mañás. É unha media hora que atesouro e que me serve de preparación antes dos visionados. Sigo un ritual fixo, coma se fose o supersticioso pateador dun equipo de fútbol americano, e que consiste nun café na estación central e un croissant. Logo un cigarro e estou listo para o que me... Ler máis