GIMCHEOUL, de Jorge Suárez-Quiñones Rivas
Aquí e alí. Todo está ocorrendo á vez para Gimcheoul. Gimcheoul é o título da terceira longametraxe do director Jorge Suárez-Quiñones Rivas (León, 1992). A obra audiovisual deste novo cineasta ten pasado por festivais internacionais de cinema como Filmadrid, Rotterdam, Alcine ou Curtocircuíto. A estrea mundial de Gimcheoul tivo lugar o pasado novembro na VII edición do Festival de Cine Márgenes, na sección Escáner, que ten como obxectivo examinar as diversas realidades... Ler máis
COLUMBUS, de :kogonada
Durante os últimos anos, a través das diversas plataformas de vídeo online e medios especializados, vense producindo unha interesante renovación do “vídeo-ensaio” como ferramenta de crítica cinematográfica. Esta evolución é o resultado da proliferación de numerosas canles e artistas que ofrecen a súa particular versión deste formato, que acadou unha considerable audiencia. Kevin B. Lee, Jacob T. Swinney, Lessons from the Screenplay (especializado en análise de... Ler máis
VERTICAL CINEMA: SOBRE A PERCEPCIÓN E A REALIDADE DO CINEMA EXPERIMENTAL
Un tende a pensar (e con isto refírome a min mesmo) que todo o relacionado co cinema experimental lexitímase unicamente desde os formatos analóxicos, a química, o uso das ferramentas propias da luz, o celuloide, as emulsións, a prata. Con este prexuízo, e non teño ningún pudor en afirmar que o teño, sentei durante a edición do 2014 do Festival Internacional de Cinema de Róterdam (IFFR) nunha igrexa a comungar con dez obras que compoñen o programa de Vertical Cinema1.... Ler máis
LOS HONGOS, de Óscar Ruiz Navia
Unha constante actual en occidente é dar marcha atrás en materia de liberdade cidadá, como apuntan as protestas estudantís do pasado ano en México ou a aprobación da Lei Mordaza hai apenas uns meses en España. Porén, contra estas políticas da opresión e do medo, xorden movementos subterráneos que se moven por debaixo dun sistema corrupto e obsoleto á procura de novas vías de expresión. Ras e Calvin, os protagonistas de Los Hongos (Óscar Ruiz Navia, 2014), son dous... Ler máis
25 AÑOS DEL HUBERT BALS FUND
El origen del Hubert Bals Fund (HBF), el fondo de ayuda a proyectos cinematográficos del International Film Festival Rotterdam (Países Bajos) se remonta a una conversación mantenida en Cannes en 1988 entre el fundador del certamen holandés, Hubert ‘Huub’ Bals, y Chen Kaige. En ella el realizador chino, que por aquel entonces estaba estrenando su película El rey de los niños (1987), daba cuenta de los problemas a los que se estaba enfrentando para conseguir financiar... Ler máis
INFORME CINE LATINOAMERICANO RECIENTE: DE HIJOS SIN PADRES Y PADRES SIN HIJOS
DE HIJOS SIN PADRES Y PADRES SIN HIJOS Cine latinoamericano de relaciones familiares, ritos de pasaje, madurez y rebeldía El paso de la adolescencia a la madurez, el despertar sexual, los grupos de referencia y de pertenencia, la anarquía, la rebeldía ante el padre y el sistema, la música y el cine, son todos temas recurrentes en las películas ‘teen’. Las dudas y la falta de orientación también, si nos decantamos por aquellas que prefieren retratar la crudeza de un... Ler máis
“STELLA CADENTE É UN FILME DE ÉPOCA VISTO DENDE UNHA PERSPECTIVA ROCKABILLY E SEXI”
Luís Miñarro (Barcelona, 1949) estreou o pasado 27 de xaneiro no Festival Internacional de Cinema de Róterdam a súa primeira longametraxe de ficción: Stella Cadente. Unha première mundial dentro da Sección Oficial do certame (Tiger Competition) que contou coa presenza de Àlex Brendemühl e Lola Dueñas. O filme abarca o período no que Amadeo Fernando María de Saboia reinou (ou o tentou) en España (1870 – 1873). Máis coñecido como Amadeo I ou o “Rey Caballero”,... Ler máis
IFFR 2013 (BONUS): GRANDES MESTRES… FUTUROS BRILLANTES
E chegamos ao final. Róterdam é moito máis que a súa Tiger Competition, é un punto de encontro para gozar do mellor cinema que deixa o ano anterior e pór as bases da programación de festivais que van celebrarse no ano en curso (probablemente máis pequenos) que veñen pescar aquí a finais de xaneiro para configurar parte das súas grellas. Ollo, porque non son os únicos. Tamén se achegan á cidade holandesa un bo puñado de distribuidores de prestixio, o que garante... Ler máis
IFFR 2013 (III): SURREALISMO, CRUELDADE E ANARQUÍA… AS CLAVES DO ÉXITO
Cales son as claves do palmarés perfecto? O de Róterdam é un dos festivais máis complicados neste sentido. Aquí non hai un único gañador, non hai premio para o segundo nin mencións especiais do xurado. No certame holandés entréganse tres galardoes idénticos, cada un co mesmo valor económico (15.000 euros). Este ano competiron por un “tigre” un total de 16 películas. Se se me permite dicilo, e se non tamén, moitas delas similares na súa maneira de abordar a... Ler máis
IFFR 2013 (II): MULLERES DESESPERADAS, ADOLESCENTES CURIOSOS
Son moitos os filmes protagonizados por mulleres que compuxeron a grella da Tiger Competition na 42ª edición do Festival Internacional de Cinema de Rotterdam. Longing for the Rain (Chunmeng, Yang Lina e Tian Yi-yang, 2013) conta a historia dunha ama de casa aborrecida polo seu día a día, insatisfeita sexualmente e cansa do benestar do que goza nunha familia acomodada da China contemporánea. Nunha sociedade patriarcal o marido é o que traballa, mentres a muller fica na casa... Ler máis