JEONJU, DE COREA PARA O MUNDO

Esta é a primeira de tres crónicas sobre a pasada edición do festival de Jeonju. Decidimos centrarnos na ampla representación do cinema surcoreano que todos os anos se estrea alí, pois as películas internacionais adoitan chegar ao certame doutros europeos, e moitas delas xa foron comentadas na revista. Non obstante, este primeiro texto é unha aproximación ás máis relevantes, e nel destacamos ademais un descubrimento asiático: Karaoke Girl. O Festival Internacional... Ler máis

IFFR 2013 (II): MULLERES DESESPERADAS, ADOLESCENTES CURIOSOS

Son moitos os filmes protagonizados por mulleres que compuxeron a grella da Tiger Competition na 42ª edición do Festival Internacional de Cinema de Rotterdam. Longing for the Rain (Chunmeng, Yang Lina e Tian Yi-yang, 2013) conta a historia dunha ama de casa aborrecida polo seu día a día, insatisfeita sexualmente e cansa do benestar do que goza nunha familia acomodada da China contemporánea. Nunha sociedade patriarcal o marido é o que traballa, mentres a muller fica na casa... Ler máis