VERTICAL CINEMA: SOBRE A PERCEPCIÓN E A REALIDADE DO CINEMA EXPERIMENTAL

Un tende a pensar (e con isto refírome a min mesmo) que todo o relacionado co cinema experimental lexitímase unicamente desde os formatos analóxicos, a química, o uso das ferramentas propias da luz, o celuloide, as emulsións, a prata. Con este prexuízo, e non teño ningún pudor en afirmar que o teño, sentei durante a edición do 2014 do Festival Internacional de Cinema de Róterdam (IFFR) nunha igrexa a comungar con dez obras que compoñen o programa de Vertical Cinema1.... Ler máis