VERTICAL CINEMA: SOBRE A PERCEPCIÓN E A REALIDADE DO CINEMA EXPERIMENTAL
Un tende a pensar (e con isto refírome a min mesmo) que todo o relacionado co cinema experimental lexitímase unicamente desde os formatos analóxicos, a química, o uso das ferramentas propias da luz, o celuloide, as emulsións, a prata. Con este prexuízo, e non teño ningún pudor en afirmar que o teño, sentei durante a edición do 2014 do Festival Internacional de Cinema de Róterdam (IFFR) nunha igrexa a comungar con dez obras que compoñen o programa de Vertical Cinema1.... Ler máis
IDA, de Pawel Pawlikowski
A multipremiada longametraxe do director Pawel Pawlikowski foi, sen dúbida, un dos exercicios fílmicos máis interesantes do ano pasado. Con máis de medio centenar de galardóns ás súas costas sen que concluíse aínda a tempada de premios, Ida (2013) reflexiona desde o concreto sobre a historia recente de Polonia. A urxencia persoal do cineasta de explorar as súas orixes tomou forma no relato da noviza que dá nome ao filme, obrigada a saír ao mundo exterior para confrontar... Ler máis