IDA, de Pawel Pawlikowski

A multipremiada longametraxe do director Pawel Pawlikowski foi, sen dúbida, un dos exercicios fílmicos máis interesantes do ano pasado. Con máis de medio centenar de galardóns ás súas costas sen que concluíse aínda a tempada de premios, Ida (2013) reflexiona desde o concreto sobre a historia recente de Polonia. A urxencia persoal do cineasta de explorar as súas orixes tomou forma no relato da noviza que dá nome ao filme, obrigada a saír ao mundo exterior para confrontar... Ler máis

ANDRZEJ WAJDA. A GRAN POLONESA

Non semella existir no cinema contemporáneo un director cunhas raíces culturais que procedan tan claramente do século XIX coma este ‘romántico violento’, como se quixo definir o propio Andrzej Wajda. Toda a súa obra expresa un nacionalismo exacerbado que, nunha primeira etapa, se presenta baixo a forma do romanticismo. Os seus filmes emerxen así do subconsciente colectivo dun pobo, o polaco, cuxa historia foi unha invitación constante á rebelión e á loita... Ler máis