ANDRZEJ WAJDA. A GRAN POLONESA

Non semella existir no cinema contemporáneo un director cunhas raíces culturais que procedan tan claramente do século XIX coma este ‘romántico violento’, como se quixo definir o propio Andrzej Wajda. Toda a súa obra expresa un nacionalismo exacerbado que, nunha primeira etapa, se presenta baixo a forma do romanticismo. Os seus filmes emerxen así do subconsciente colectivo dun pobo, o polaco, cuxa historia foi unha invitación constante á rebelión e á loita... Ler máis