RAMIRO LEDO: DO CINECLUBE DE COMPOSTELA A NUMAX

Foto: Tamara de la Fuente Ramiro Ledo Cordeiro (Lugo, 1981). Foi cofundador e director até 2007 do Cineclube de Compostela, hoxe é socio traballador fundador de NUMAX, S. Coop. Galega, onde é responsable da coordinación xeral e do cinema NUMAX. Atendendo á petición de A Cuarta Parede, Ramiro accedeu a falarnos da súa transición dunha organización independiente situada fóra do circuíto comercial como o Cineclube de Compostela ata a apertura de NUMAX, un dos proxectos... Ler máis

LOS HONGOS, de Óscar Ruiz Navia

Unha constante actual en occidente é dar marcha atrás en materia de liberdade cidadá, como apuntan as protestas estudantís do pasado ano en México ou a aprobación da Lei Mordaza hai apenas uns meses en España. Porén, contra estas políticas da opresión e do medo, xorden movementos subterráneos que se moven por debaixo dun sistema corrupto e obsoleto á procura de novas vías de expresión. Ras e Calvin, os protagonistas de Los Hongos (Óscar Ruiz Navia, 2014), son dous... Ler máis

LAS NUEVAS OLAS: SWEET 16

Na nosa crónica da sección oficial do SEFF en 2014, comentabamos que a escolla de títulos, se ben maioritariamente de calidade, era moi obvia e de pouco risco. Tamén, é posible, inconexa. Hai dous xeitos de facer un programa oficial: seleccionar os mellores títulos – doutra banda, como se pode determinar iso – ou escoller bos filmes que garden conexión entre eles. O programador vese na encrucillada logo de deixar películas fóra que poden ser boas, pero que simplemente... Ler máis