RÓTERDAM DÍA 3: OS NENOS NON SOMOS PARVOS… OS IAKUZA SI

Trinta minutos, ese é o tempo que me leva percorrer a distancia dende o meu piso ata o Pathé, o multicine onde se proxectan as películas para a prensa e os delegados de industria polas mañás. É unha media hora que atesouro e que me serve de preparación antes dos visionados. Sigo un ritual fixo, coma se fose o supersticioso pateador dun equipo de fútbol americano, e que consiste nun café na estación central e un croissant. Logo un cigarro e estou listo para o que me... Ler máis