DESENVOLVER A VISIÓN: A MIRADA PICTÓRICA NO CINEMA DE PETER GREENAWAY

1. No filme que lle adicou Peter Greenaway no 1983, o compositor John Cage dicía «(…) a miña opinión actual sobre a música: é inútil, agás que permita desenvolver a audición. Moitos músicos non entenden os sons únicos. Só escoitan os lazos entre dous ou máis sons. Para eles, a música non ten nada que ver coa audición, e non concerne máis que á observación desas relacións. Por esa razón, ignoran as bágoas dos nenos, as sereas e os sons do teléfono que... Ler máis

PETER GREENAWAY: HEDONISMO E SIMETRÍA

Revisamos o cinema de Peter Greenaway cun videoensaio que repasa os seus fetiches e os seus temas recurrentes. Os seus filmes, mestura de intriga e universos estraños, adoitan disporse de forma milimétrica, simétrica, coma se estivesemos ante un xogo de espellos. Nesta presentación case cartesiana, as personaxes festexan o hedonismo entre comida e corpos espidos, nunha voráxine de tentacións que non sempre acaba ben.  Read More

O FILME-ENSAIO SOBRE ARTE: DO DIÁLOGO ESTÉTICO AO ENSAIO FICCIONADO

O encontro entre o cinema e as artes visuais é recente, pero tardará varias décadas en volverse un diálogo efectivo; sucesivos tanteos irán facendo cada vez máis complexa a mirada do cineasta. Dentro deste proceso, o cruce entre o cinema sobre arte e o cine-ensaio, cada un cos seus desenvolvementos paralelos, coa súa fixación de ferramentas expresivas, suporá unha sorte de culminación para ambos campos: un pensamento estético en imaxes, expresado en primeira persoa,... Ler máis