CANNES 2018 EP. 2: JAIME ROSALES CONQUISTA NA QUINCENA
Jaime Rosales, unha das participacións españolas na Quincena dos Realizadores, sorprendeu cando dixo que ía filmar Petra (2018), unha sorte de traxedia grega posta ao día que contaría no elenco con Alex Brendemühl, con quen xa traballara na súa ópera prima, Las horas del día (2003), e con Bárbara Lennie como protagonista. Dende esa película inicial, tamén estreada en Cannes, o barcelonés tense caracterizado por desenvolver historias de corte social, ás veces con... Ler máis
SHAME, de Steve McQueen
A ELIPSE COMO ESTILO DE VIDA O progreso, a grandes rasgos, encargouse de acurtar os procesos, de automatizar os tránsitos. A produtividade, o tanxible e o constatable forman un imperio de recompensas rápidas que desvirtúan o esforzo para ir facéndolle oco nos museos. Basta volver a The Turin Horse, ao cinema de Tarr, para entender a fisicidade do que digo e revisar os automatismos adquiridos non só a nivel condutual senón tamén a nivel cognitivo. Godard desvelou o truco... Ler máis
DRIVE, de Nicolas Winding Refn
O ESCORPIÓN E A RA “Hai cen mil rúas na cidade. Se me dis o lugar e o momento, dareiche unha marxe de cinco minutos. Sen importar o que ocorra, durante ese cinco minutos son teu. Pase o que pase. Se sucede algo un minuto antes ou despois diso, quedas só. Compréndelo?”. As frases precedentes son pronunciadas polo protagonista de Drive en off mentres que en pantalla vemos como acepta un novo encargo. “E non poderás volver localizarme neste teléfono”, espeta ao seu... Ler máis