Temos que falar de Uwe
O director alemán Uwe Boll é probabelmente un dos directores cun maior número de haters a nivel internacional, entroutros mesteres porque ten a dubidosa honra de ser o realizador que máis adaptacións cinematográficas de videoxogos realizou (un total de 12 até a data), todas elas cunha calidade máis que dubidosa. Obxecto das iras dos fans dos videoxogos, protagonista de durísimas críticas da prensa especializada e gañador do Razzie 2009 á peor carreira por ‘ser... Ler máis
CONTAMINACIÓNS INTRARREFERENCIAIS: VIDEOXOGO E CINEMA, UNHA ESTÉTICA COMÚN
As vinculacións máis interesantes son as de transferencia emotiva que comparten ambos os dous medios. (IMAXE: ‘Mirror’s Edge’). 1 A xente adoita recordar, como momento temperán de intensidade vital, algunha das súas primeiras experiencias no cinema. Adoita recordar aquela iniciática película de mundos fantásticos e efectos incribles que lle permitiron soñar, a aqueles personaxes superheroicos de corpos hercúleos que salvan a humanidade, ou os tipos duros... Ler máis