CONTAMINACIÓNS INTRARREFERENCIAIS: VIDEOXOGO E CINEMA, UNHA ESTÉTICA COMÚN
As vinculacións máis interesantes son as de transferencia emotiva que comparten ambos os dous medios. (IMAXE: ‘Mirror’s Edge’). 1 A xente adoita recordar, como momento temperán de intensidade vital, algunha das súas primeiras experiencias no cinema. Adoita recordar aquela iniciática película de mundos fantásticos e efectos incribles que lle permitiron soñar, a aqueles personaxes superheroicos de corpos hercúleos que salvan a humanidade, ou os tipos duros... Ler máis
MÁIS ALÓ DA ÚLTIMA FRONTEIRA
Dicíao Merovingio en Matrix Reloaded (The Wachowski Brothers, 2003), só hai unha verdade no universo: a causalidade, por cada acción hai unha reacción. Por iso non é de estrañar o fenómeno que, a modo de liña argumental, seguiu o festival de Sitges deste ano. Aínda que oficialmente a presente edición estaba dedicada ao mundo da intelixencia artificial algo se moveu de forma soterrada pero evidente: a profusión de filmes cuxa lectura trasládanos á inquietude pola... Ler máis